Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

A situación sanitaria no Centro de Saúde de Marín ao borde do colapso con esperas de 22 días para unha consulta

Carriola.Iria Aboi (*) 31.12.23

julio@carriola.es.

A Plataforma pola Defensa do Centro de Saúde de Seixo en Marín, que agrupa a 21 colectivos das parroquias de Santomé de Piñeiro, O Campo, Ardán e Seixo, no concello de Marín, vén de denunciar un remate de ano ao borde do colapso no Centro de Saúde de Marín.

A semana pasada denunciamos que en Marín, que debiamos ter 4 pediatras, temos dúas menos dende hai tempo porque concursaron para trasladarse a outro lugar, e dúas pediatras asumiron o traballo de catro. Como unha ten que cubrir á outra porque a xerencia non contrata para baixas e vacacións, neste momento, a situación é peor porque dende o 21 de decembro ata o día 8 de xaneiro só hai unha pediatra para atender máis de 3.500 menores, só van atender urxencias e só ata as 14h. A partir desa hora, as familias terán que ir ás urxencias do PAC Marín, a ver se hai médico ou directamente ao Hospital. Isto significa que non haberá citas normais para controis, nin revisións ordinarias das crianzas o que é gravísimo e tamén a saturación nas urxencias pediátricas do Hospital Provincial.”

Vintedous días de agarda en medicina de familia

A semana pasada denuciamos que, cando menos, o luns e o venres pola tarde o centro de saúde de Marín non tivo ningún facultativo cando debera haber tres médicos para atender as 4000 persoas de 3 cupos da quenda ordinaria de tarde. A xerencia limitouse a dicir que era porque había 1 médico de baixa, cando sabemos que hai dúas médicas nesta situación e dende hai bastante tempo. No cupo de Dolores Rivas, solicitando a cita o 21 de decembro non ten consulta ata o 11 de xaneiro o que son 22 días de espera. No cupo de Rosario Vidal, solicitado cita o 21 de decembro non ten consulta ata o 4 de xaneiro, 15 días de espera.

Non se cobren as baixas con persoal, nin tampouco as vacacións dos médicos que non as colleron todas no verán porque faltaba moito persoal. O que fan é prolongarlle a xornada aos médicos que están pola mañá en Marín ou en Seixo, pero non cobren a axenda completa. A situación nos cupos da mañá non está mellor e, como exemplo, o cupo do Dr Bayón  no que os pacientes non tiveron medico asignado durante 3 anos e solicitando cita o 21 de decembro non tes consulta ata o 4 de xaneiro, 15 días de espera. Que lle queda á xente que necesita ser atendida? Ou agardar ou ir a urxencias do PAC de Marín onde debería haber dous médicos a ver se polo menos hai un? E se o hai que non dea feito atendendo urxencias e saídas na ambulancia e os pacientes agarden 4 horas a ser atendidos ou acaben marchando para as urxencias do Hospital Montecelo?   

A Xunta segue a precarizar un servizo esencial para 24.000 persoas e,no medio dun repunte gravísimo de enfermidades respiratorias especialmente de gripe A e Covid, non chega só con volver ás mascarillas e  a Xunta debe contratar e rectificar os recortes porque está a poñer en risco a nosa saúde. Ademais,é chamativo que dende o goberno municipal da Sr Ramallo sigan calados. Hay unha  insensibilidade dos responsables políticos porque no Nadal tamén enfermamos e as fotos non melloran a saúde de quen precisa atención, nin salvan vidas nunha urxencia e, se non temos a dotación de persoal necesaria, a Alcaldesa debera denuncialo e moverse porque lle afecta á veciñanza do concello que goberna.

Por último, informamos que haberá novas protestas no 2024, ademais da manifestación convocada por SOS Sanidade para o domingo, 4 de febreiro en Santiago de Compostela á que acudiremos e convidamos a que todo o mundo se sume, a que fagan reclamacións deixando constancia por escrito da situación e a que contacten coa nosa Plataforma para poder seguir a denunciar os recortes publicamente.

(*) Iria Aboi Ferradás é a portavoz da Plataforma

 

 

 

roslev