The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Núñez Feijóo arropará la candidatura de Rueda Crespo en presencia del candidato Manuel Santos y la alcaldesa Ramallo

Carriola.PP (R).11.02.24.

julio@carriola.es.

O presidente do PP nacional, Alberto Núñez Feijóo, presidirá o mitin en Marín en apoio á candidatura de Alfonso Rueda como presidente da Xunta de Galicia, acto que terá lugar mañá luns 12 ás 20.00 horas no Multiusos da Praza de Abastos e, contará coas intervencións da presidenta local do PP de Marín e membro do Comité de Dirección Provincial, María Ramallo, e do secretario local do PP marinense e número 15 da candidatura por Pontevedra, Manuel Santos Costa.

O Partido Popular de Marín arroupará a candidatura de Alfonso Rueda para seguir presidindo a Xunta de Galicia nun mitin no que intervirá o presidente nacional do PP, Alberto Núñez Feijóo.

Será mañán luns 12 ás 20.00 horas no Multiusos da Praza de Abastos e nel tamén intervirán a actual alcaldesa e presidenta local do PP de Marín, María Ramallo, así como Manuel Santos, secretario popular marinense e número 15 pola candidatura de Pontevedra.

Os populares da vila animan a toda a súa base, así como á cidadanía en xeral, a acudir a un mitin “no que plasmar a realidade dunha Galicia que funciona, contraposta á Galicia gris, apagada e pouco próspera que debuxa a oposición e que non ten nada que ver con todo o conseguido e o que está por vir”.

“Unha Galicia na que todos cabemos e para a que fai falta non dar ningún voto por perdido para acadar a primeira maioría absoluta de Alfonso Rueda, que ten como obxectivo o que sempre perseguiu desde que é presidente: seguir traballando por Galicia”, rematan