The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

A Plataforma pola Defensa do Centro de Saúde de Seixo interviu no Pleno da corporación desta semana

Carriola.Iria Aboi Ferradás (*).11.02.24.

julio@carriola.es.

 Varias ducias de veciñas e veciños achegáronse ao Pleno, o pasado xoves, a pesar do temporal, para asistir ao debate dunha moción presentada o 17 de xaneiro pola Plataforma pola Defensa do Centro de Saúde de Seixo e Marín sobre a grave situación sanitaria no noso concello coa intención de buscar o respaldo do concello para as reclamacións veciñais e presionar á Xunta para que destine recursos á atención primaria e as contratacións de persoal necesarias.

Iria Aboi intervindo no Pleno

O debate da moción iniciouse coa intervención da portavoz da Plataforma, Iria Aboi Ferradás, onde expuxemos os problemas da sanidade pública en Marín e que están en boca de todo o mundo: listas de espera de semanas para o médico de cabeceira cos exemplos do cupo da Dra Vidal con retrasos dun mes e o cupo do Dr Regueiro con retrasos de 16 días; saturación das urxencias do PAC porque só contan cun equipo médico, que queda desatendido cando o persoal sanitario ten que saír na ambulancia ou no taxi, porque tamén o servizo privatizado de ambulancias é insuficiente. Tamén abordamos a situación de pediatría con só 2 pediatras de 4, para 3000 menores, citas anuladas de maneira habitual, e a denuncia de que nos cupos descubertos só hai revisións de idade ata os 4 meses, despois non as hai, como se a saúde das nosas nenas e nenos puidera xogar á ruleta rusa.”

É vergoñento que a Alcaldesa se agochase tras o discurso que lle fixeron dende a Consellería. Dixo que a sanidade en Marín vai ben fronte ao que sufre a veciñanza en carne e óso todos os días. Negou que houbese cupos descubertos polo feito de que teñan titular pero cando hai baixas ou vacacións sen cubrir as listas de espera de semana sófrenas os pacientes. Non entrou na gravidade do problema de pediatría e afirmou que o PAC nunca quedase sen médico no pasado ano, fronte os letreiros na porta avisando que non hai médico ou as derivacións ao PAC de Bueu. O único que fixo a Alcaldesa foi vender que xa hai un psicólogo clínico en Marín. Non dixo que este parche electoral, que comezou a mediados de xaneiro, cun único profesional en Marín, só pasa consulta os luns e venres, e non é a solución aos meses de espera para cita en saúde mental.

Problemas de persoal e filtracións no Centro de Saúde de Seixo

Sobre o Centro de Saúde de Seixo a Plataforma temos que denunciar que chove dentro e non é de agora. A pesar de estar rexistrada cada incidencia, a Xunta non fixo nada, nin hai partida para arranxar o tellado nos orzamentos de 2024 aprobados no Parlamento en solitario polo PP co voto do deputado e concelleiro Santos. É de vergoña que a Alcaldesa dixese que non sabe nada, que non é da súa competencia e que a ver se o persoal non rexistrou a incidencia, como se a culpa de que chova dentro fose deles. Ademais denunciamos o problema da praza de xubilación do Dr Martín. Porque hai unha interina cun contrato que non está vinculado a Seixo e poden deixarnos sen ela en calquera momento, e en segundo lugar, que o Sergas mudou o tipo de praza do Dr Martín e ningún médico fixo vai poder concursar a Seixo para coller esa praza de maneira permanente, o que volve deixar o noso centro nunha situación incerta.

A moción contou cos votos a favor da oposición e consideramos que é grave que a Alcaldesa volvese votar en contra e prefira defender a saúde do seu partido en vez de defender a saúde da xente de Marín. É penoso que sigan sen apoiar as reivindicacións da veciñanza pero, aínda así, nós seguiremos defendendo a nosa sanidade e o noso dereito a que non se xogue coa nosa saúde como levamos facendo case tres anos.

(*) Iria Aboy é a portavoz da Plataforma de Seixo