Carriola.C.R. Ría de Marín.13.02.24.
julio@carriola.es.
O pavillón polideportivo de Ribadeo foi o escenario, o domingo, do espectacular Campionato Autonómico de Remo Indoor 2024. Preto de 300 deportistas participaron nesta proba, que se fai en terra mediante unha máquina que simula a acción de remar.

Campeón absoluto
Grupos de todas as idades, dende alevíns ata veteranos, participaron no multitudinario campionato organizado pola Federación Galega de Remo e o Club de Remo Ribadeo.Os remeiros marinenses, cunha moi boa actuación en xeral, conseguiron medallas nas categorías alevín, cadete, absoluto e veterano, voltando con tres metais máis dos conseguidos na pasada tempada.

Xa nada máis comezar o campionato, os alevíns marinenses conseguiron dúas prazas no podio con Rubén Sobral coa prata e Alejandro Estebánez co bronce. Os cadetes masculinos proclamáronse campións galegos a nivel individual con Xián Gutiérrez e por equipos con Anxo Blanco, Xairo Rivadulla, Hugo González e Xián Gutiérrez.

Ao igual que os cadetes, os absolutos conseguiron os dous ouros en xogo, a nivel individual fíxoo Adrián Pazos, e en equipos Breogán Fariña, Jose Soto, José Ramón García e Adrián Pazos. As últimas en subir ao podio foron as veteranas Pilar Vázquez cunha prata, e Iria Dopazo cun bronce.
Outros participantes do club marinense
Destacable tamén a participación individual do alevín Mauro Fernández (22º posto), os infantíns Breogán Gutiérrez (14º) e Gorka Rivadulla (15º), o cadete Xairo Rivadulla (12º), e os xuvenís Níobe Barreiro (4ª) e Breogán Fariña (5ª).

Placa de recoñecemento
Ao finalizar o campeonato, o Club de Remo Ribadeo fixo entrega aos de Marín dunha placa como recoñecemento á colaboración prestada polos marinenses para a organización do evento.