Carriola.Yonathan Carreira (*) 03.03.24.
Yonathan Carreira
Desde o 4 ao 31 de marzo, poremos en marcha a promoción "Mes do Pai Estrela 24". Esta Campaña pretende premiar a fidelidade dos clientes, transmitíndolle aos consumidores un atractivo promocional que incentive a realización das compras nos establecementos asociados, ofrecendo a posibilidade de acadar importantes premios. Sortearanse 6 tarxetas regalo: 1 tarxeta de 100€ e 5 de 20€.
Participación
Para poder participar na campaña, os clientes deberán rexistrar os seus tickets de compra, no formulario habilitado para tal fin en https://www.estrelademarin.gal/mes-do-pai-estrela-24/.
A campaña, conta co cofinanciamento da Xunta de Galicia.
(*)Yonathan Carreira Xerente Asociación Centro Comercial Local Estrela de Marín