Carriola.Redacción.03.03.24.
julio@carriola.es.
Trinta e un anos consecutivos, salvando os da pandemia, son moitos anos de mantemento dunha tradición artística como é a exposición “Voilá la Femme” que reúne en cada edición a un grupo de artistas, mulleres todas elas que, si ben hoxe en día é cada vez máis intensa a presencia feminina en todos os campos, ben certo é tamén que hai tres décadas non era así polo que esta mostra foise abrindo paso a o longo de tanto tempo e o próximo venres, abrirá de novo o arte das mulleres que forman este ano o grupo expositor.
A mostra estará comisariada por una das persoas que máis defendeu esta actividade no Ateneo como é a profesora Celeste Garrido e as mulleres autoras dos traballos que se sxporán nela son:
Adriana Rodríguez García
Alba Prado Fuentes
Carmen Suárez Marcos
Celia Vilariño Porto
Medeinha (María González Rodríguez)
Mónica Lago Gómez
Un mes de mostra
Desde o día seis de marzo en que se procederá á inauguración, e ata o cinco de abril, a sala do Ateneo contendrá esta exposición de distintas disciplinas artísticas que poderá ser visitada no horario habitual de apertura do Ateneo.
Un ano máis e con este xa van 31ª edicións, presentamos unha nova exposición de VOILÀ LA FEMME. A mostra poderase visitar dende o 6 de marzo ata o 5 de abril, no noso horario habitual.