Carriola.Redacción .22.03.24.
julio@carriola.es.
Mil euros é a dotación do Premio de Poesía Concello de Marín que este ano fará a vixesimosegunda edición, certame no que poderán participar as persoas que o desexen sen máis limitacións que as obras teñan 100 versos, ou máis ainda que sexan varios os poemas, e que se presenten en idioma Galego.

Como cada ano desde hai un cuarto de século, o Concello de Marín convoca, co gallo da celebración do Día das Letras Galegas, o concurso literario “Concello de Marín” que alternativamente é de textos en prosa ou en verso sendo esta edición a da poesía.
A concelleira de cultura Marián Sanmartín acompañada da directora da Biblioteca Pública María Engracia Vicente, fixeron onte presentación de este veterano evento ao que este ano quéreselle dar un empurrón de importancia no seu contido. A concelleira Sanmartìn manifestou ao respecto :“Queremos darlle un impulso a este premio e motivar ás persoas apaixoadas da poesía a que se animen a participar”, e anuniciou que, nesta ocasión, o xurado está conformado “Por catro persoas de enorme relevancia no mundo literario galego: os poetas Lara Dopazo, Tamara Andrés e Ismael Ramos e a xornalista Susana Pedreira”.
Aberto, inéditas as obras e en Galego
O certame está aberto a todas as persoas de calquera nacionalidade, que sexan maiores de idade podendo presentar únicamente un traballo por participante. E os participantes han de ter en conta que “Os traballos serán en lingua galega, orixinais e inéditos, de temática libre e cunha extensión mínima de 100 versos, que poderán formar parte dun só poema ou de varios”, segundo indicaron na presentacion
Prazo e premio
O premio, non suxeito a inflación reinante, segue sendo de 1.000 euros para a mellor obra considerada polo xurado calificador e as obras deberán ser presentadas como máximo ata o día 3 de maio cando, ás 14 horas, pecharase o prazo.
O sistema de presentación será mediante sobres pechados, un deles coa obra presentada na que debe figurar o seudónimo ou o lema de mesma e, o outro, co devandito lema ou o seudónimo no exterior e a indentificación do autor no interior pero en todo caso,os dous sobres pechados e separados.
O premio será único e indivisible e o xurado dará a coñecer o fallo o 14 de maio para coñecemento do autor ou autora premiaos que deberán comparecer o 17 de maio no acto institucional que se celebra polo Día das Letras Galegas.