Carriola.Ateneo S.Cecilia 11.04.24.
julio@carriola.es.
Dende o Ateneo Santa Cecila convidámosvos á presentación da increible historia de Susi Maquieira levada a un libro por Fernando Salgado que se vai presentar o venres día 12 ás 20.00 h no Museo Manuel Torres de Marín, onde o escritor estará acompañado pola protagonista.
O Xornalista e escritor Fernando Salgado xa nos ten afeitos a historias difíciles, compricadas e con persoaxes atractivos para a literatura e nesta ocasión aborda a problemática, a vida e o afán de superación de unha muller que hoxe ten 52 anos, naceu en Cuntis con unha anomalía xenética, unha enfermidade "rara", Acondroplasia, polo que a súa estatura física non rebasa os 110 cm. e a pesares de que a súa estatura lle supuxo algúns problemas, inconvintes, e a non aceptación para algunhas actividades, Susi sempre tivo a forza e o valor para superar tódalas adversidades, non lle gusta que se compadezan de ela porque síntese capaz de ser coma os demais,
Estudiante en Roma, viaxou por diversos países de América e Europa. Pinta, fai deseños de moda, desfruta coa música e concertos dos seus artistas preferidos e incluso sacou o titulo de patroa de embarcación deportiva. Foi a promotora da Asociación ¨Avanzar¨ para darlle a posibilidade a outras persoas con discapacidade física ou psíquica de facer actividades formativas, educativas ou de lecer.
E este libro "¿Qué miras?" para ela e unha oportunidade para seguir axudando a máis persoas, para que a sociedade vexa con normalidade a xente que é diferente, para que os gobernos, as institucións e os diferentes organismos invistan e apoien a investigación para dar solución a enfermidades como a súa.
Agardámosvos a todos no Museo Manuel Torres de Marín para escoitar ao escritor e a protagonista, pero sobre todo para apoiar a difusión de esta problemática social.