The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O Ateneo Santa Cecilia convoca o s décimo concurso “Marín Conta” co gallo da celebración das Letras Galegas

Carriola.Ateneo Santa Cecilia17.04.24.

julio@carriola.es.

Como cada ano, por estas datas, enviamos as bases do concurso “Marín Conta”  destinado aos escolares de Marín. Os traballos deberán ser entregados, como límite, o venres 3 de Maio as 20:00 horas.

Os premios entregaránse o venres día 16 de Maio ás 20:00 horas na Bibliotéca Municipal Vidal Pazos. Este ano cóa novidade de que disfrutaremos do concerto de "AGHRUO"· e desta forma celebrar o Día das Letras Galegas

Esperamos que animedes aos/ás máis cativos/as a participar neste clásico das Letras Galegas

Bases do X Concurso de Relato Curto “Marín Conta”, Letras Galegas 2024

O Ateneo Santa Cecilia de Marín convoca o X Concurso de Relato Curto “Marín Conta” – Letras Galegas 2024, aberto á participación de escolares dos centros de ensino de Marín e atendendo á súa proximidade xeográfica tamén a Placeres e poderán participar todos/as os/as alumnos/as que o desexen, cun único texto de creación literaria en lingua galega cunha extensión máxima de 500 palabras. Os traballos deberán presentarse mecanografados a dobre espazo. No caso de escolares de Primaria, acéptanse traballos manuscritos.

No caso de tratarse da categoría de “Educación Especial” a extensión será entre 30 e 50 palabras.

* A temática e xénero narrativo serán libres, establecéndose como única condición que o relato aconteza en Marín. Os textos presentados deberán ser inéditos baixo calquera formato, non premiados en ningún outro certame anterior, nin estar pendentes de resolución doutro concurso.

* Os relatos presentaranse baixo “lema”, acompañados dunha “plica” en sobre pechado. Na mesma figurarán os datos persoais do autor ou autora: nome, idade, curso, teléfono, enderezo electrónico, centro de ensino e título do relato. No caso de menores de 14 anos, a plica deberá ser asinada por un dos pais ou titores, facendo constar que autorizan a participación do seu fillo ou filla neste concurso. No caso de resultar premiado/a, o Ateneo Santa Cecilia difundirá a autoría do texto nos medios de comunicación e redes sociais, así como a imaxe do seu autor/a.

* Os traballos deberán presentarse na sede do Ateneo Santa Cecilia de Marín (Rúa do Forno, nº 42, baixo - 36900 · Marín · Pontevedra). Poderán entregarse en persoa ou remitirse por correo electrónico (ateneosantacecilia@gmail.com).

* O prazo de recepción de obras remata ás 20:00 horas do VENRES, 3 de maio de 2024

* O Xurado estará formado por tres persoas, cuxo fallo será inapelable, e poderá declarar desertos os premios dunha ou máis categorías. O fallo e entrega de premios terá lugar o xoves 16 de maio ás 20:00 horas no local do Ateneo Santa Cecilia.