Carriola.Redacción 01.05.24.
julio@carriola.es.
O mal tempo empeñouse este ano en perxudicar todas as festas desde o nadal ata hoxe pasando polo entroido en que a amenza de auga do ceo foi a constante e a determnante tamén da participación popular
Onte o Cantodarea quedou sen verbena de San Xosé por este mismo motivo e hoxe o Ateneo Santa Cecilia vese na necesidade de facer un cambio de escenario para o concurso de maios e embarcacións que pasará da tradicional Praza do Reloxo ao multiusos do mercado onde se disporán as cousas da mellor maneira posible para comodidade dos asistentes porque incluso Dibay eventos, encargados da instalación de son, vai colocar sillas que axudaràn a ordenar a presecia do público.
Máis de 250 nenos e nenas
Segundo pudo saber Carriola de Marín ente todos os participantes no concurso suman máis de doscentos cincuenta cantores nos dezazeis grupos que se presentean entre barcos e maios. O presidente do Ateneo, Celso Méndez, indicou onte a este medio que no concurso cada grupo deberá cantar só catro estrofas da súa copla para darlle ao xurado a oportunidade de valorar a interpretación. Os demáis concepotos, construcción, coroa e letra serán puntuados ao longo da mañán sexa na alameda Rosalía de Castro ou no propio multiusos no caso de que o tempo impida que maios e barcos estén na rúa