Carriola.Concello 09.05.24.
julio@carriola.es.
Récord de participación no concurso de poesía Concello de Marín que, na súa 23 edición celébrase co gallo do Día das Letras Galegas cuio acto central será precisamente a entrega do premio á persoa gañadora do mesmo segundo a estimación do xurado.
O pasado venres, 3 de abril rematou o prazo para poder facer entrega dos orixinais de poesía para a participación no XXIII Concurso de Poesía polo Día das Letras Galegas, organizado polo Concello de Marín. Respecto aos anos anteriores, esta edición obtivo un bo peche, conseguindo un récord de participación, cun total de 77 obras presentadas.
Deliberación do xurado
A partir deste momento, o xurado, composto pola poeta marinense, Lara Dopazo; a xornalista, Susana Pedreira, a escritora, tradutora e mestra, Tamara Andrés, e o escritor e profesor de literatura, Ismael Ramos; comezarán a deliberar quen será o gañador ou gañadora de dito concurso, premiado con 1.000€ e que será entregado o 17 de Maio no acto institucional polo Día das Letras Galegas, que terá lugar no Museo Municipal Manuel Torres de Marín ás 12.00 horas.
A reunión do xurado celebrarase este venres e o fallo darase a coñecer o 14 de maio, tal e como está recollido nas bases do premio. Este concurso de poesía para adultos serve para conectar dunha forma distinta coa escritura e a lectura en galego e conmemorar así o Día das Letras Galegas, sen esquecernos da autora homenaxeada este ano 2024, Luísa Villalta.
Programación de actos para o Día das Letras
10.00h. Obradoiro de lettering “Debuxando versos”, a cargo de María Sancho. Inscrición aberta a través do mail prensa@concellodemarin.es. Museo Municipal Manuel Torres.
12.30h. Acto institucional polo Día das Letras Galegas, coa entrega do XXII Premio de Poesía do Concello de Marín e a participación dos centros educativos da vila. Museo Municipal Manuel Torres.
13.00h. Concerto na alameda Rosalía de Castro de Emilio Rúa, acompañado da violonchelista María Mariño.
17.30h. Espectáculo da Editorial Galaxia con Oviravai sobre Luísa Villalta, con reparto de exemplares de libros la alameda
19.00h. Concerto de primavera da Banda de Música de Marín. Alameda.