Carriola.C de M. 14.05.24.
julio@carriola.es.
Francisco Javier Fernández Davila XXII Premio de Poesía Concello de Marín Up/in the air foi o manuscrito que acadou a unanimidade por parte do xurado, que se reuniu telematicamente o venres pola tarde ás 17.30 horas e destacou da obra de Fernández a orixinalidade, o coidado do ritmo e a interesante forma de abordar a relación entre o mar e a distancia.
Up/in the air, a historia dun traxecto en avión a Belgrado, de Francisco Javier Fernández Davila, resultou ser a obra premiada no XXII Premio de Poesía do Concello de Marín, convocado polo Día das Letras Galegas. O xurado, composto polos poetas Lara Dopazo, Tamara Andrés, Ismael Ramos, e pola xornalista Susana Pedreira, reuníuse para deliberar sobre as 77 obras presentadas o venres pola tarde, de xeito telemático, e considerou por unanimidade que o manuscrito de Fernández Davila, presentado baixo o sistema de plica, tal e como se pode ler nas bases, era o merecedor para acadar este premio indivisible de 1.000 euros, que lle será entregado no acto institucional do Día das Letras do Concello de Marín.
O xurado destacou do poemario a súa oroxinalidade, o coidado do ritmo e a interesante forma de abordar a relación entre o mar e a distancia, coa voz poética dunha segunda xeración.
A concelleira de Cultura, Marián Sanmartín, foi a encargada de trasladarlle a boa nova ao premiado, que participará no acto institucional do Día das Letras Galegas, programado para o venres 17 ás 12.30 horas no Museo Municipal Manuel Torres.
Longo e denso curriculo literario
Francisco Javier Fernández Davila (Vigo, 1974) é enxeñeiro de minas e MBA en Responsabilidade Social Corporativa pola Universidade de Vigo. Comezou a escribir a principios do ano 2016 e diversos obradoiros de escrita creativa impartidos por Clara do Roxo. Desde entón, cultivou a escrita presentándose e recibindo premios en distintos certames ao longo do país: 2016
É autor de máis de trinta obras premiadas e recoñecidas nos máis diversos certamens literarios tanto el relatos como microrelatos como neste caso, poesía.