Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Cinco medallas e unha destacada actuación dos remeiros do Ría de Marín na “XXX Copa Nacional de Primaveira”

Carriola.C.R.de Marín 14.05.24.

julio@carriola.es.

Os remeiros do club marinense  proclámanse o segundo club máis laureado da competición, con  5 medallas no peto e uns meritorios 4º, 6ºe 7º postos, na súa participación esta fin de semana na XXXI Copa Primavera de Remo.

Trátase dunha competición nacional, organizada pola Federación Española de Remo, na que competiron un total de 34 clubes con 263 embarcacións inscritas, nas categorías de alevín, infantil, cadete, veterano e remo adaptado.

O club marinense acadou a 2ª posición no medalleiro, gracias aos ouros da dos alevíns Rubén Sobral e Alejandro Estebanez, e dos cadetes Anxo Blanco e Xairo Rivadulla. As pratas viñeron da man da veterana Pilar García e dos cadetes Xián Gutiérrez, Hugo González, Xairo Rivadulla e Anxo Blanco. Por último, o bronce acadouno Xián Gutiérrez en skiff cadete masculino. Destacables as actuacións dos infantís Breogán Gutiérrez e Gorka Rivadulla cunha 4 posición, e dos veteranos , Francisco López (4º), María José Bermúdez (6ª), Javier Santos (7º), e Ernesto Vázquez e Benito Fernández (7º).

Regata en Queima das Fitas (Portugal) a pasada fin de semana

Por outra banda, a pasada fin de semana os xuvenís e veteranos do club desprazáronse ata Queima das Fitas, en Portugal, para participar nunha regata internacional de gran tradición. Alí os de Marín conseguiron 3 medallas: 2 platas e un bronce. Os de Marín estánagora encarando a recta final da tempada, con dous meses cheos de regatas tanto autonómicas como nacionais e internacionais. Para a próxima fin de semana dous dos seus cadetes acudirán á concentración da selección galega de remo, mentres que o resto de equipo se desprazará a Gondomar (Portugal) para outra competición internacional.

Podio cadetes

 

Pilar Vázquez

 

Xian Gutiérrez

roslev