Carriola.Redacción 15.05.24.
julio@carriola.es.
Desde o Concello chega o recordo de que, o prazo para presentarse á licitación de 8 postos nas Prazas de Abastos de Marín e Seixo, remata o 10 de xuño sendo 4 postos en cada un dos mercados, destinados a carnicería e alimentación, peixe fresco e actividades comerciais.
Recordan ás persoas interesadas que, “desde o Concello está aberta e a punto de ser pechada a licitación de 8 postos nas prazas tanto de Marín coma de Seixo, a través dun concurso para o que as persoas interesadas poderán presentar ofertas ata o luns 10 de xuño”. A concelleira de mercados, Cristina Acuña explicou que, “Especialmente no caso de Seixo, estamos desexosos de seguir adiante, xa que neste caso notamos unha maior complicación á hora de que estes negocios estean activos”.
Postos en oferta
Tal e como se recolle na documentación administrativa, sairán os seguintes postos, co seu correspondente canon mínimo, que poderá ser mellorado á alza polas persoas licitadoras:
MERCADO MUNICIPAL DE MARIN-CENTRO
- Carnicería e chacinería, posto número 1012 de 22,50 metros cadrados,744,37 euros
- Peixe Fresco, posto número 1144, de 3,30 metros cadrados, 109,17 euros
- Peixe Fresco, posto número 1224, de 3 metros cadrados, 99,25 euros
- Activ. comer diversa e relacionada coa hostalaría, posto nº 1324,10,50 m.,347,37 euros
- Froitas, verduras e outros
MERCADO MUNICIPAL DE SEIXO
- Posto nº 1, venta alimentos , 17,45 metros cadrados, 432,97 euros
- Posto nº 2, venta alimentos , 17,50 metros cadrados, 434,21 euros
- Posto nº 6, Peixe fresco, 3,12 metros cadrados, 77,41 euros
- Posto nº 6, Peixe Fresco, 3,12 metros cadrados,77,41 euros
Condicións das concesions dos postos por 5 anos
O equipamento dos postos, así como as obras de adecuación interna e o acondicionamiento dos mesmos, serán a cargo de cada titular, que á súa vez deberán contar coa inscrición no epígrafe correspondente no IAE e co curso de manipulador de alimentos.
As concesións outorgaranse por cinco anos sen prórrogas e non poderán acadarse máis de dos postos concesionados no mercado, contando aqueles que se poden ter na actualidade.
No prego técnico recóllense algunhas das obrigas que terán os titulares dos postos, unha vez lles sexan adxudicados, entre as que destacan:
- O pago de todas as taxas, impostos e prezos públicos correspondentes coa súa actividade
- Exercer ininterrompidamente, durante o horario que se corresponda, a súa actividade
- Efectuar diariamente a limpeza do seu posto, procurando que estea en óptimas condicións hixiénico-sanitarias
- Ter expostos os prezos por unidades ou quilogramos
- Asumir os gastos correntes de luz, auga, teléfono…