Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

A Praza da Veiguiña acollerá o día Das Letras Galegas o “I Festival Raíces, versos e sons” organizado por Almuinha e Céltica

Carriola.Almuinha 15.05.24.

julio@carriola.es.

O próximo 17 de maio, en conmemoración do Día das Letras Galegas, celebrase o I Festival Raíces, Versos e Sons que comezara ás 17:00 horas na Praza da Veiguiña, en Marín

O 17 de maio, en conmemoración das Letras Galegas adicado este ano a Luisa Villalta, as asociacións Almuinha, Mocidade Polo Cambio e Céltica únense para presentar o primeiro Festival Raíces, Versos e Sons na Praza da Veiguiña, en Marín. Este evento, dedicado a compartir un día de expresión artística, promete mergullar ás persoas asistentes nunha inmersión cultural inigualable.

O festival dará comezo ás 17:00 cunha exposición de pintura, destacando o talento de artistas locais cuxo traballo serve de prólogo a unha xornada repleta de actividades que poñen en valor a singularidade cultural de Galiza. Séguelle un recital poético, un tributo á rica tradición literaria da nosa terra. Este evento achega tamén a oportunidade de descubrir a habilidade e creatividade reflectida na artesanía galega, así como desfrutar da envolvente actuación de Zeltia Ire Vire e Frojan que porán o toque musical á festa.

Ademais das actuacións, poderase participar nunha variedade de actividades interactivas, incluíndo talleres de “lettering” nos que a creatividade e a atención aos detalles serán unha verdadeira homenaxe á nosa identidade cultural.

O I Festival Raíces, Versos e Sons promete ser unha experiencia onde se celebra o rico legado lingüístico e cultural galego. Un evento que non só conmemora as Letras Galegas, senón que tamén fortalece o orgullo e a conexión coa nosa terra e as nosas raíces.

roslev