Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Hoxe, día grande das Letras Galegas, o concello fará entrega do “XXIII Premio de Poesía Concello de Marín” no Museo Torres

Carriola.Redacción 17.05.24.

julio@carriola.es.

Unha intensa programación de actos programados polo conce3llo co gallo do Día das Letras Galegas, encherá esa xornada cun acto central como é o da entrega do premio de poesía Concello de Marín e outros cue completan a programación anunciada

O Museo Manuel Torres acollerá este mediodía, ás 12,30 horas, o acto institucional do Día das Letras Galegas no que se procederá a entrega do “XXII Premio de Poesía Concello de Marín” que, tal como informou Carriola días atrás corresponde á obra do escritor vigués Francisco Javier Fernández Davila que estará presente no acto para recoller a dotación do premio de mil euros. Neste mesmo acto participarán os centros escolares de Marín e acceso á sala será libre.

Outros actos do programa

Precisamente, e desde as dez da mañán, no mesmo Museo Torres porase en marcha o obradoiro de “lettering”, “Debuxando versos” dirixido por María Sancho, mentras, polas rúas do centro urbano, farán a ruada os compoñentes do cuarteto tradicional de gaitas “Picuíña”,tradicionáis participantes neste día das Letras Galegas.

Pola ttarde libros e música

Pola tarde, a partir das cinco e media, a editorial Galaxia protagonizará un acto con “Oviraval” sobre Luisa Villalta a quen se lle dedica a celebración de hoxe, procedéndose ademáis ao reparto de libros entre os asistentes na alameda Rosalía de Castro.

E, ás 20.00 horas poñerase broche de ouro á xornada coa participación da Banda de Música de Marín que ofrecerá un concerto que poderíase trasladar ao Multuiusos do Mercado no caso de que así o aconselle o mal tempo climatolóxico. Cabe sinalar que este concerto, no que participará o prestigioso gaiteiro local Alberto Lago, servirá como homenaxe de despedida a quen fora director da banda, Juan Luis Costa, que deixou por motivos personais a dirección desta auténtica escola musical hai unhas semanas polo que recibirá a agarimosa despedida do colectivo que forma esta agrupación.

“I Festival Raíces e Versos” na Veiguiña

Por outra banda, recordamos que as asociacións “Almuinha”, “Mocidade polo Cambio” e “Céltica” celebrarán a festa deste día na Veiguiña onde terá lugar, a partir das cinco da tarde, o “I Festival Raices e Versos” no que ademáis de poesía galega propiamente dita haberá outras manifestacións artísticas como a pintura, e as actuacións de “Zeltia Ire e Vire” e Froján”, entre outras actividades interactivas nas que poderán participar os asistentes.

 

roslev