Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O Ateneo entrega os premios do concurso escolar “Marín Conta” nun acto no que o trío “Aghruo” ofreceu un entrañable concerto

Carriola.Redacción 17.05.24.

julio@carriola.es.

O Ateneo Santa Cecilia programou con acerto un anticipo da celebración do “Día das Letras Galegas” celebrando na Biblioteca Pública Municipal Vidal Pazos o acto de entrega dos premios aos escolares do concurso “Marín Conta”

E o salón de actos do centro lector de Marín encheuse de persoas, moitas delas familiares dos rapaces premiados, que non que participaron no lediciodo acto da recollida dos merecidos premios pola súa participación no concurso que un ano máis, convocou o Ateneo Santa Cecilia con presencia dos membros do xurado calificador dos traballos presentdos e as representacións dos grupos municipais do PP, Itziar Álvarez e do BNG, Lucía Santos, en ausencia de membro algún do grupo socialista, que contribuiron ao acto da entrega dos premios.

Un delicioso conceto

O trío "Aghruo" durante o concerto de onte na Biblioteca

Especial mención merece a presencia e actuación do trío “Aghruo” no que Felipe Rea diseñou un programa de actuación basado na entrañable historia da Taberna de Pepita de Nantes e Paco, do barrio do Cantodarea/Estribela que foi un centro de pura concentración social nos tempos da lonxa vella pola que pasaron principalmente moreas de mariñeiros de retorno o de saída para o mar. Felipe explicou detalles que fixeron lembrar aquel ambiente, aderezados coa voz, nalgunhas pezas acompañada polo propio Felipe, de Inés Tilve con Alfonso Rea á guitarra. Un concerto moi emotivo que rematou coa interpretación á gaita da inmortal peza “Eu e Marín ausenteime” e que foi acollido con moito calor polos asistentes ao acto.

Rematado o concerto procedeuse a entrega dos premios  non sen antes facer expresa mención a todos os participantes así como lamentar a indiferecia con que o sector de estudiantes de Bacharelato mostra, ano tras ano, pola súa nula paticipación no mesmo.

Reproducimos a continuación a información que xa publicamos anteriormente na que aparecen a relación de premiados neste veterano certame do Ateneo Santa Cecilia que recibiron, ademáis dos vales compra dos premios propiamente ditos, un agasallo de INSADENT, empresa copatrocinadora deste concurso.

▪ CATEGORÍA ESPECIAL 

1º .- “Canto Peixe¡”, de Daniel Blanco Castro do Colexio Sagrado Corazón de Placeres

2º.- “Aventuras por Marín de David Vidal Barreiro, do Colexio Sagrado Corazón de Placeres

3º.- “A Cousas que pasan por Marín” , de Iago Fernández Sierra, do C. Sagrado Corazón

Accesit 1 .- "Futboleiros", de David Chapela, do Colexio Sagrado Corazón de Placeres

Accesit 2 .-  " O Lugar favorito de Pilar", de Edit Riobó Duarte, do Col. Sagrado Corazón de Placeres

▪ CATEGORÍA PRIMARIA I (1º, 2º e 3º) 

1º .- “O Piñeiro”, de Adriana Rodeiro Herrero do Colexio Sagrado Corazón de Placeres

2º.- “San Xurxo de Mogor” de Kotska Rodríguez-Borrella Vázquez  do Colexio Sagrado Corazón de Placeres

3º.- “A Curuxa Máxica e Celtia” , de Leire Moreda Acuña, do Colexio Sa.rado Corazón de Placeres.

▪ CATEGORÍA PRIMARIA II (4º, 5º e 6º)

1º.-”O demo asubiador de Marín”, de  Diego Soage PIñeiro do CEIP Sequelo

2º.-”O home que lía nubes” de Darío Pereira Omil, do CEIP Sequelo

3º.- “O lápis máxico” , de Carmen López Méndez , do CEIP da Laxe

Accesit “A escuridade do bosque”, de Marcela Valentina Oviol García do CEIP da Laxe

▪ CATEGORÍA E.S.O.

1º.-”Un mar azul” , de Nerea Piñeiro Gago, do CPR La Inmaculada

2º.-”Marín a través dos ollos da miña avoa”, de Candela Caíño Sanjorge, do  CPR La Inmaculada

3º.- “O lobishome” , de Nerea Piñeiro González, do CPR La Inmaculada

roslev