Carriola.Redacción.21.05.24.
julio@carriola.es.
María Vázquez, actriz, gañadora do Mestre Mateo á mellor interpretación feminina e da Biznaga de Plata á mellor interpretación, protagonista de Matria, será a madriña do Festival de Cine do Mar, que arranca hoxe no Cine Seixo e estará na apertura do festival, na que se proxectará a película. As persoas que queiran estar neste acto deberán retirar as entradas, gratuitamente no propio Museo do Mar.
O cine, o mar e a cultura estarán presentes durante toda esta semana en Marín, coa celebración do I Festival de Cine do Mar, que arranca cunha primeira edición por todo o alto contando como madriña con María Vázquez, protagonista da película Matria.
A actriz estará na apertura do festival, hoxe ás 19.30 horas no Cine Seixo, para dirixirse á audiencia e falar con ela, previamente á proxección do filme de Álvaro Gago, polo que Vázquez gañou o premio Mestre Mateo á mellor interpretación feminina e a Biznaga de Prada á mellor actriz do Festival de Cine de Málaga, ademais de acumular nominacións á mellor interpretación feminina protagonista dos XXXVIII Premios Goya e por mellor actriz protagonista aos XI Premios Feroz.
As entradas para asistir á inauguración do festival e á preoxección do filme repártense gratis previamente no Museo do Mar.
Xornada inaugural: Proxección e mesa redonda
A de hoxe será, por tanto, a xornada inaugural dunha semana chea de programación que desde mañán mércoles, traslada todas as actividadesá Biblioteca Municipal Vidal Pazos. E será por tanto, mañán mércores cando, ás 19.00 horas, os autores Anxo Cabada e Antón Davila presentarán a súa obra A última dorna de Ons e ás 20.00 horas celebrarase unha mesa redonda sobre patrimonio marítimo na que participarán Antón Pousada e Xosé Vilas, presidente do Grupo Cultural Ronsel; Fernando García, da Asociación Cultural Os Galos; Xaquín Fabeiro, presidente do Club Mariño A Reiboa, e Ramón Collazo, presidente da Asociación Galega de Carpinteiría de Ribeira.
O xoves proxección das curtas escolares
Pasado mañán, xoves, serà o día das proxeccións de curtas de Ensino, coas seguintes obras presentadas:
- Entroido 2022, do CEIP Carballal
- As praias de Marín, do CEIP Carballal
- Mergullo nas rías, do CEIP Carballal
- Un tesouro nas rías, do CEIP Carballal
- Mar de redes, do IES Félix Muriel
- U-los mariñeiros en Marín?, do CEIP Sequelo
- Mareas vivas de Lourizán, do CPR Sagrado Corazón de Placeres
Acto seguido, ás 20.00 horas, celebrarase a segunda mesa redonda do festival sobre o Museo do Mar de Marín, na que intervirán os membros da asociación José Antonio Pérez, María del Puerto Pérez, Xosé María Vilaboa e José Manuel Pesqueira. Finalmente, ás 20.30 horas, proxectarase o documental Homenaxe ás Mulleres do Mar, de Lukas Santiago, na que se pon en valor a traxectoria de Carmen Abreu, Chicha Domínguez, Manuela Couso, Lina Pazos, Juana Soto, Marisa Pazos, Ana González, Concepción Santiago, Dolores Dopazo e Visitación Núñez.
O venres para os novos creadores
O venres, día 24 será a quenda da categoría de novos/as creadores/as, coa proxección das seguintes curtas a partir das 19.00 horas:
- Cantiga, de Ángela Castro
- Nostra In Mare Fortuna, de Álvaro Martínez
- Treito, de Carolina Segovia
- Dorna, de Antón Guerrero
- Vogar, de Andrea de la Iglesia
- Voltar do mar, de David Pérez-Rodrigo Santiago
Unha vez rematadas as proxeccións, a partir das 20.00 horas, acompañaranos Marcos Gallego, director da Mostra Internacional de Cinema Documental Mares da Fin do Mundo, un certame colaborador que traerá a proxección de tres pezas:
- Singlando do Albán, de Tito Pérez, presentado no certame no 2021
- Atalaia/Piueiro, de Xisela Franco, mención especial do certame no 2022
- Tatuado nos ollos levamos o pouso, de Diana Toucedo, mellor película da mostra do 2022
O sábado punto e final coa Gala de clausura
O sábado a partir das 19.00 horas celebrarse a gala de clausura, na que se entregarán os premios deliberados por un xurado formado por Diego Santaclara e Diego M. Barcia, de Trece Amarillo; dous representantes do Museo do Mar, Lukas Santiago e Dani Antelo, director do John Balan Fest.
Haberá Sardiña de Ouro, Sardiña de Prata, Rodaballo de Ouro e Mención especial e proxectaranse de novo todas as curtas que resulten gañadoras.
Para clausurar o acto, ás 20.00 horas, proxectarase Carpintaría de ribeira. Fasquiando o futuro, de Agalcari