Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Brillante comenzo do “I Festival de Cine do Mar” con presencia da madriña do evento María Vázquez e a súa película “Matria”

Carriola.Redacción.22.05.24.

julio@carriola.es.

Non podía empezar mellor o “I Festival de Cine do Mar” que, organizado polo Museo do Mar de Marín xa que na xornada inaugural contou coa presencia da artista María Vázquez que amadriña o evento, e coa proxección de “Matria” na que Vázquez deixou patente a súa calidade interpretativa e concitou numerosos aplausos ao final da proxección.

A sala rexistrou un completo de público

Cunha sá do Cine Seixo a rebosar de espectadores iniciouse onte a progrqmación do “I Festival do Cine do Mar”, un evento que evidentemente nace para quedar e crecer cos anos da man do Museo do Mar de Marín e co apoio do mundiño do cine galego que forman experiencias parecidas repartidas polas vilas de Galicia.

Lukas Santiago, o mentor desta nova experiencia cinematográfica na nosa vila, foi o encargado de presentar inicialmente o programa tanto da primeira xornada como do resto da semana, animando a todos os presentes a que, a partir do hoxe, mércores, participen nos distintos actos que terán lugar na Biblioteca Pública Vidal Pazos.

Tomou a palabra Xosé Marìa Vilaboa, directivo do Museo quen brevemente dedicou a súa intervención a os agradeceentos a quen fai posible este ciclo. Destacou principalmente a OPROMAR e o Concello de Marín e fixo referencia a outras entidades de tipo comercial que, de algún xeito, tamén apoiaron esta iniciativa. Especial mención fixo da presencia de María Vázquez que coa aceptación da invitación para que fose a madriña do festial, engrandece a súa importancia pola indiscutible personalidade artística que aporta a este evento.

Pola parto do concello interviu coa mesma brevedade qu eos demáis participantes, a concelleira Itziar Álvarez expresando a confianza do Concello no éxito deste evento ao que lle desexou longa vida felicitando ás persoas e ao Museo do Mar que o fan posible.

María Vázquez e a súa película “Matria”

Tamén interviu a propia María Vázquez que tivo palabras de agradecemento e apoio a esta iniciativa asegurando que se sentía moi honrada con participar deste xeito e deseou larga vida ao festival que contará sempre co seu apoio. Destacou a importancia de ter en Marín a sala de cine máis antiga de Galicia e desexou o mellor futuro para ela. Terminada a súa breve intervención, recibiu un agasallo de rccordo desta data tan importante para o Museo do Mar de Marín e  deseguido iniciouse a proxección da película “Matria” na que a protagonista, María Vázquez, refrexa con enorme crudeza e realidade a vida real dunha “muller do mar” dándose a circunstancia de que durante toda a proxección da película non se escoitou nin sonido nin ruido no patio de butacas dando a sensación de que estaba valeira. Algunhas persoas, ao encenderse a luz amosaban claramente a emoción producida poo contido e, sobre todo polo traballo de María Vázquez e, co derradeiro cadro, o público expresou a sua admiración con cerrados aplausos.

Desde hoxe todo na Biblioteca Pública

O resto das actividades programadas desenrolaranse no salón de actos da Biblioteca Pública Vidal Pazos. Así,  ás 19.00 horas, os autores Anxo Cabada e Antón Davila presentarán a súa obra A última dorna de Ons e ás 20.00 horas celebrarase unha mesa redonda sobre patrimonio marítimo na que participarán Antón Pousada e Xosé Vilas, presidente do Grupo Cultural Ronsel; Fernando García, da Asociación Cultural Os Galos; Xaquín Fabeiro, presidente do Club Mariño A Reiboa, e Ramón Collazo, presidente da Asociación Galega de Carpinteiría de Ribeira.

O xoves proxección das curtas escolares

Para mañán, xoves, está previsto o día das proxeccións de curtas de Ensino, coas seguintes obras presentadas:

  • Entroido 2022, do CEIP Carballal
  • As praias de Marín, do CEIP Carballal
  • Mergullo nas rías, do CEIP Carballal
  • Un tesouro nas rías, do CEIP Carballal
  • Mar de redes, do IES Félix Muriel
  • U-los mariñeiros en Marín?, do CEIP Sequelo
  • Mareas vivas de Lourizán, do CPR Sagrado Corazón de Placeres

Acto seguido, ás 20.00 horas, celebrarase a segunda mesa redonda do festival sobre o Museo do Mar de Marín, na que intervirán os membros da asociación José Antonio Pérez, María del Puerto Pérez, Xosé María Vilaboa e José Manuel Pesqueira.

Finalmente, ás 20.30 horas, proxectarase o documental Homenaxe ás Mulleres do Mar, de Lukas Santiago, na que se pon en valor a traxectoria de Carmen Abreu, Chicha Domínguez, Manuela Couso, Lina Pazos, Juana Soto, Marisa Pazos, Ana González, Concepción Santiago, Dolores Dopazo e Visitación Núñez.

O venres para os novos creadores

O venres, día 24  será a quenda da categoría de novos/as creadores/as, coa proxección das seguintes curtas a partir das 19.00 horas:

  • Cantiga, de Ángela Castro
  • Nostra In Mare Fortuna, de Álvaro Martínez
  • Treito, de Carolina Segovia
  • Dorna, de Antón Guerrero
  • Vogar, de Andrea de la Iglesia
  • Voltar do mar, de David Pérez-Rodrigo Santiago

Unha vez rematadas as proxeccións, a partir das 20.00 horas, Marcos Gallego, director da Mostra Internacional de Cinema Documental Mares da Fin do Mundo, un certame colaborador, que presentará a proxección de tres pezas:

  • Singlando do Albán, de Tito Pérez, presentado no certame no 2021
  • Atalaia/Piueiro, de Xisela Franco, mención especial do certame no 2022
  • Tatuado nos ollos levamos o pouso, de Diana Toucedo, mellor película da mostra do 2022

O sábado punto e final coa Gala de clausura

O sábado a partir das 19.00 horas celebrarse a gala de clausura, na que se entregarán os premios deliberados por un xurado formado por Diego Santaclara e Diego M. Barcia, de Trece Amarillo; dous representantes do Museo do Mar, Lukas Santiago e Dani Antelo, director do John Balan Fest.

Haberá Sardiña de Ouro, Sardiña de Prata, Rodaballo de Ouro e Mención especial e proxectaranse de novo todas as curtas que resulten gañadoras.

Para clausurar o acto, ás 20.00 horas, proxectarase Carpintaría de ribeira. Fasquiando o futuro, de Agalcari

roslev