Carriola.Redacción.25.05.24.
julio@carriola.es.
Remata hoxe esta primeira e positiva experincia do Museo do Mar de Marín que durante toda a semana veu ofrecendo o desenrolo do seu “I Festival Cine do Mar” que se iniciou coa proxección de “Matria” e veu amosando curtas e mesas redondas en torno a vida do mar e das suás xentes.
Na tarde de onte a Biblioteca Pública volveu a rexisrar unha boa concentración de persoas que veñen seguindo desde o primeiro día o desenrolo desta festival que ten vocación de continuidade e crecemento para próximas edicións. Os asistentes puderon presenciar al proxeccións de traballos de novos creadores, tal como estaba programado, algúns deles cargados de emotividade porque a vida do mar e dos mariñeiros é especialmente aglutinadora de sentimento sobre todo para quen o ten tan preto como a xente de Marín.

Marcos Gallego e "Mares da Fin do Mundo"
A tarde rematou coa participación especialísima de Marcos Gallego, director da “Mostra Internacional de Cinema” quen, presentou varios documentales tamén de grande intensidade emocional algúns deles, pero, previamente, explicou razón e a proxección da entidade que preside que naceu nunha primitiva idea en Carnota onde empezaron utilizando o espacio da antiga lonxa con gran aceptación da xente do lugar e outros moitos que participaban coa sús visita aos actos que se programaban. Gallego explicou a razón do salto que o evento deu de Carnota a Outes, algo que foi necesario chegado a un punto en que se precisaba un maior espacio e comodidade para os participantes e expectadores así como un novo chimpo que se vai facer agora trasladándose a Ribeira pola mesma razón e contando coa próxima inauguración do seu novo Auditorio que fará posible o engrandecemento da Mostra no futuro. Con todo elo, Gallego expresou o seu recoñecemento tanto a Carnota como a Outes pola acollida que tivo o evento estes pasados anos e amosou o desexo de que toda axente destes lugares que seguiron a actividades con tanto agarimo, se manteñan cerca delas polo que incluso están estudiando a maneira de que facilitar os traslados a Ribeira para que ninguèn se desconecte delas coa súa participación.
Por outra banda, tivo palabras de ánimo para o Museo do Mar de Marín advertindo que teñen moito traballo a o longo do ano por diante para preparar con éxito a próxima celebración deste festival e animounos, apoiándose na propia experiencia do seu grupo que tamén recurriu a outor festivais y mostras xa consolidados como una francesa, nos que sempre tivo recepción e axuda e. dixo: “Como non iamos nós atender á petición do Museo do Mar de Marin neste comenzo da súa idea!?”.
Entrega de premios hoxe ás 19 horas
Rematado a breve charla explicativa de Marcos Gallego procedeuse á visión das derradeiras proxeccións do día quedando xa todo pechado para afrontar hoxe sábado, a partir das sete da tarde, a xornada de clausura coa entrega dos primeiros premios que outorga este nacente festival aos traballos cinematográficos presentados que serán, “Sardiña de Ouro”, “Sardiña de Prata” “Rodaballo de Ouro”e “Mención especial”.
Como broche final pasarase á proxección do filme de clausura “Carpintaría de Ribeira, Fasquiando o Futuro”.
Como en todos os momentos do festival a entrada é libre e gratuita co que e de esperar que a sala do Museo Torres rexistre a maior asistencia de espectadores.