Carriola.Santiago Lousada Carregal.(*) 22.06.24.
julio@carriola.es.

Miña aboa Lola “a criolla”, que tiña un posto de venta de froita na parada do trole de Cantodarea, cando era neno, levávame a mañán do día 24 a ver qué foleón ardía: o da Lonxa ou o de Estribela, mentras me cantaba polo baixo:
“Arderán as fogueiras
na noite de S. Xoan,
fuxirán os meigallos
na noite que fan mal
Xa van as mozas
pra festa de S. Xoán
e van tan preparadiñas
da gusto velas andar.
Os rapaces ledamente
non paran de vixiar,
ollando a fermosura
que abondo ven pasar.
Foran elas de Rianxo,
de Padrón ou Redondela,
de Sanxenxo ou do Grove,
de Marín ou Pontevedra,
todas eran tan bonitas
tan bonitas eran
que as nosas entrañas
daríamos por elas”.
II
Os mariñeiros e patróns de Marín, sempre tiveron moi boa relación cos mariñeiros e patrons de Estribela, que quedou refrexada na letra que polos sete mares cantaban de xeito nostálxico:
“Fun polo mar a Marín,
e de Marín a Estribela,
xa teño muller e barco
non che hai terra coma ela”.
Esa muller idealizada que buscamos, foi obxeto daquela canción de taberna que plantexa con quen nos casaremos:
“Fun de Marín para Poio,
Tamén fun a ver Combarro,
ali teño unha rapaza
ali hei de ser casado”.
Non sempre neste mar da nosa ría, o amor acaba a perfección que se busca:
“De Marín a Portonovo,
fun nunha lancha motora,
fun solteiro e vin casado,
máis valera que non fora”.
III
Os santos das nosas romerías onde nos levaban nosos país e abós, tamén discutían antre eles:
“Quer facerme mariñeiro
San Xulián de Marín,
quer facerme mariñeiro
e San Andrés de Lourizán,
dille: “pobre compañeiro”.
“San Andrés de Lourizán
ten a sarna cabalaria,
e San Xulián de Marín
rascoulla cunha navalla”.
Os de Marín miran con todo o corazón os de Poio, por iso xurdíronlle celos a Santa María do Porto:
“A patrona de Marín
díxolle a San Xoán de Poio,
ven de patrón o meu barco,
que contigo non me mollo”.
Quero rematar con música:
“Galicia somos nos
a xente e máis a fala,
si buscas a Galicia
en ti tes que atopala”.
Parabens os que con tanto esforzo e desinterés, manteñen a tradición secular do Foleón que sigue encendido no Regueiro.
(*) SANTIAGO LOUSADA CARREGAL.
PROFESOR DE FILOSOFÍA, LATÍN Y GRIEGO.