Carriola.Redacción.04.07.24.
julio@carriola.es.
“Gharaboto” consolida a afición dos seus compoñentes participando nos torneos que se celebran nas vilas e cidades onde a tradición dos xogos populares como a petanca, a chave ou a bilarda, son todo un acontecemento en determinadas xornadas
O Club marinense que vai agrandando a súa importancia ao paso do tempo, ten a vista de paxaro a organización do “Torneo de Tripletas” que terá lugar o próximo sábado día 8 ao longo de todo o día no campo de xogo da Barriada Virxen do Carmen, un campionato que será moi participado e seguido polos aficionados a ver as evolucións dos xogadores deste singular deporte.
Unha tempada de éxito
Pero a maior parte da actividade de Gharaboto desplazase por numerosas localidades onde se organizan eventos competitivos principalmente de bilarda e petanca e os resultados obtidos son máis que aceptables e, como mostra, os da BILLARDA que, na Liga Atlántica de Billarda Conferencia Rias Baixas que rematou hai dúas semanas acadou os seguintes:
Categoria de Equipos Absoluta ………… Campeón
Categoria Equipos Femenino………….. Campeonas
Categoria Equipos Infantil ………………..Campeón
Categoría Individual Absoluta ………… 2º e 3º clasificados
Categoria Individual Infantil ……………..2ª-3ª-4ª clasificadas

Na fase final da Liga Atlántica de Billarda, segundo nos informan desde o propio club, celebrada o pasado fin de semana en Santiago, os resultados foron os seguintes.
Categoría Equipos Feminina ……………..Campeonas
Categoría Individual Feminina……………. Campeona
Categoría Individual Infantil ………………Campeona
Categora Individual Absoluta……………. 3º Clasificado.
No caso da PETANCA, Gharaboto clasificouse na segunda posición da “Liga de Petanca Concello de Pontevedra” e, no torneo que se celebrou en Moaña recentemente chegou aos cuartos de final
O club Gharaboto ten, ademais de asistir e participar nas competicións que se organizan, a decisión de aumentar a afición e a práctica destes deportes tan populares polo que frecuentemente expanden polos centros escolares ou celebracións de cursiños e campamentos, o coñecemento dos mesmos