Carriola.Yonathan Carreira Figueiras (*).04.07.24.

Ante o inminente comezo das “Festas do Carme”, a directiva do CCA Estrela de Marín, solicitou por sede electrónica ao Concello, que se negocie con Portos a cesión de espazo para habilitalo para aparcamento, durante os meses de xullo e agosto.
Vimos de coñecer, que nos concellos de Poio e Sanxenxo, chegaron a acordos con Portos para habilitar estacionamento en Combarro e en Portonovo e pensamos que a curto prazo, é a única solución que podería mitigar os efectos da perda de estacionamento na Praza de España, con motivo da instalación das atraccións das “Festas do Carme”.
Este fin de semana pasado debido á concentración moteira, as dificultades para poder estacionar agrávaronse significativamente e coa finalidade de que non se repita esta situación, propoñemos esta medida e que non se centro tan só nas “Festas do Carme”, xa que para finais de xullo e durante o mes de agosto, están previstos varios eventos que de seguro achegarán a moitos visitantes a nosa vila (Carreira +10, Stock Marín, Festa Corsaria...)
Dito isto, animamos a toda a veciñanza a mercar no comercio de proximidade da vila e a gozar do mellor xeito posible do verán en Marín.
(*) Yonathan Carreira Figueiras é oDirector Xerente Asociación Centro Comercial Local Estrela de Marín