Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Arantza Portabales encandila a los marinenses con su pregón en un día de gran intensidad festiva

Carriola.Redacción.13.07.24.

julio@carriola.es.

La tarde noche de ayer estuvo cargada de fiesta con la acumulación de la Batalla de Flores trasladada del jueves por el mal tiempo a los actos previstos en el programa para esa jornada en teoría inicial de la semana grande

Arantza Portabales fue la encargada de pronunciar el pregón de los festejos, tal como estaba anunicado y lo hizo encandilando al público con su contenido de relación personal con este pueblo al que demosró querer con su pieza literaria que reproducimos íntegramente y tituló

SON DE MARÍN

Boas noites a todos, marinenses   

Corría o ano 1986 cando unha rapaza de trece anos se subiu ao escenario do colexio ao que asistía, para ler algo ante pais e alumnos. E esa nena rebuldeira, especialmente sabichona, e que nunca quedaba sen palabras, quedou nese intre mirando cara o público, deu a volta e botou a correr. Co paso dos anos, aínda que avanzou nos seus estudos e tivo que afrontar moitas veces falar en publico, nunca foi quen de facelo sen temor, sen que lle tremera a voz e dende logo nunca o fixo con seguridade. Esa nena, que fun eu, medrou e un día gañou un premio literario importante. Dente entón, a vida literaria devorou a Arantza que fun e converteume na Arantza escritora. Afíxenme a saír nos medios, na televisión, na radio, a participar en feiras nacionais e internacionais. Ata que a voz deixou de tremer.

E hoxe volve esa inseguridade, ese medo, porque volver á túa vila, neste contexto, pon nerviosa.

Unha preguntase como chegou ata aquí, a razón do recoñecemento, e o orgullo de poder compartilo, coa xente que quero e, sobre todo, co meu pai, aquí presente. E coa miña nai que aínda que non puido vir, comparte esta ledicia.

O único que se me ocorre é que aínda que vivín en moitos sitios, porque son de mil terras e principalmente de dúas, a día de hoxe cando me preguntan de onde son, sempre contesto o mesmo: SON DE MARÍN.

Son de Marín aínda que non nacín aquí. Pero vivín aquí. Esa rapaza a que lle tremía a voz chegou ao Verxel o 8 de agosto de 1985. Se no me ubicastes, son a do retrato da comuñón que se vía dende o trole, cando paraba diante do concello.

Para entender esta frase, tamén hai que ser de Marín. Aínda onte tiven que explicar a unha persoa ao que llo contei este discurso que era un trole.

A que uns anos máis tarde preparaba as oposicións sen máis vistas que ese xardín no concello (señora alcaldesa, a xente rouba rosas). Porque é o que ten a vila e os pobos que todos nos coñecemos. E lembro que cando aprobei a oposición do corpo de finanzas, felicitáronme na panadaría, e unha señora díxome, non sei que aprobaches, pero saco o can todos os días e sempre estás pegada nesa ventá a estudar.

Si, sempre me gustou estudar, e sobre todo ler. Por iso cando cheguei a Marín, na miña primeira carta ás miñas amigas de Donosti, díxenlles: Vivo pegada á biblioteca. Esa biblioteca, ten moito que ver coa escritora que son hoxe. Bueno, e nesa carta tamén lles dicía que esta vila era tan pequena que á xente lle dicías que quedabas nos semáforos e todo mundo sabía onde era. Porque só había eses, é máis, e ata tiñan un nome, os semáforos do Polimnia.

Preguntáronme nestes días que era o que lembraba deste tempo en que vivín en Marín. Coido que case en lugar de vivir, podería dicir que case morrín. Puiden morrer subindo e baixando a costa dos Paúles catro veces ao día, ou de frío nesta alameda, comendo pipas e co cu na parte de arriba do banco, ata que te quedaba marca. Ou de vergoña como cando nos disfrazamos dos Beatles e cantei diante do quiosco, ou dun shock hiperglucémico cunha napolitana da Pastelería García, ou dunha caída xogando ao baloncesto, aínda teño unha cicatriz no xeonllo dereito. E sí, xoguei ao baloncesto co meu metro sesenta, porque os de Marín facemos o que nos peta e o que nos dá a gana como dicía Celso Emilio Ferreiro. Puiden morrer agardando en Seixo polo bus da Unión, cando saía da praia de Loira. Se xunto todo o tempo que pasei alí, podería escribir a cuarta entrega da saga Abad e Barroso (perdón polo momento de autobombo), podería ter morto de sono, por acumular horas sen durmir, en festas do Carme e do San Miguel. Podería ter morto e chegado ao Cielo. O certo é que Cheguei ao Cielo, ao Trípode , ao Kore, e ao Avalon. Sí, gustábanos a troula, aínda lembro que o día anterior á selectividade paseino en Don Jaime e non a estudar arte. Cheguei e alí estaban todos os meus compañeiros.  Aos de Marín danos tempo a todo. Sei que están aquí as miñas amigas. Tranquilas non conterei nada máis. Non por vós, senón por meu pai. Postos a morrer puiden morrer neses domingos no Casino, onde se bailaban as lentas, porque o chan era de madeira.

Pero en Marín, mórrese mentres se vive. Morre un abraiado cun atardecer na praia de Loira e Mogor. E eu morro de risa cada Nadal cando me xunto coas miñas amigas e facemos unha foto no palco da música, porque si, eu como SON de Marín, veño todos os Nadales. Ou cando quedo coa pandilla dos Paúles, e cantamos I promise myself porque pensamos que temos dezasete anos sen decatarnos que esa canción é de 1990. Agora poden vostedes facer contas cos dedos, pero acaban antes se buscan a miña idade na Wikipedia.

E  que en Marín morremos coma todo o mundo, pero vivir, vivimos moito mellor. Ademais temos as nosas peculiaridades. Que se alguén tolea un pouco, dicimos iso de "Iso é a sirulosa". E si, os de fóra tampouco saben de que falamos. E que falamos así, con gheada e con seseo. E somos xente brava. Eu que son interventora, cada vez que algún xestor na Xunta me leva a contraria, dígolle, "coidado comijo, que son da ría". Pois si, somos da ría. Tamén somos terra de danzas, maios, mariñeiros, e cigalas. Temos festa pirata, pero sobre todo temos as festas do Carme. E aquí, póñome seria para lembrar aos nosos mariñeiros. Aos que están e os que faltan. As que deron a vida ou nin sequera volveron. Dúas das miñas mellores amigas perderon aos seus pais no mar. A historia dunha vila e tamén a historia da súas perdas. Cada vez que o mar sofre, ou un mariñeiro morre, aquí dóenos a todos. Aínda lembro á miña nai chorando diante do televisor cando o chapapote chegou á nosa Galicia. Pregunteille por que choraba e díxome, porque con ese mar criounos meu pai a once irmáns. Ese mar era o da praia de Loira e o barco en que saia o meu avó, o Benita. Outra cousa que descubrín ao chegar a Marín é a importancia dos alcumes. eu son neta de Manuel de Benita e de Eugenia da Rafaela, e son neta de Alejandro o dos Calviños e das adoras, e de Rosalía a do Cura  (xa sabedes o que din, nunca digas deste auga non beberei e este cura non é meu pai, no meu caso son tataraneta do home que oficiou o funeral de Montero Ríos), é si, teño oito apelidos galegos todos propios de Loira e de Ardán. Portabales, Santomé, Pousada, Moledo, Veiga, Outeda, Ferreirós, Aguete. E todos eles me trouxeron a este punto exacto, a estar convosco neste inicio da festa do Carme.

Agora, despois deste pregón, decátome que non sei se merezo a honra de ter sido elixida para dar comezo ás nosas festas, pero o que si sei é que quedou claro que Son de Marín.  

Así que para terminar,

Un especial agradecemento para a corporación municipal, e na súa representación á alcaldesa, pola súa chamada, pero sobre todo, grazas aos que me queren e acompañan. Ao meu home, que non é de Marín pero ao que obrigo a vir sempre que podo que para algo casou na parroquia de Ardán , as chicas dos paúles, á familia, as Miñas Meopremas, e sobre todo aos que me trouxeron á vila, o meu pai, Alejandro, e á miña nai, que por razóns de saúde non nos acompaña, pero que cando lle amose as  fotos dirá o que sempre di cada vez que está orgullosa de min: que lembre que son neta de Manuel de Benita.

Marinenses, non me queda máis que pedirvos que gocedes das nosas festaa, as de todos os que somos de Marín. Quedan inauguradas as festas do Carmen de 2024.

Grazas.

Las palabras de Arantza fueron acogida con cálidos aplausos de los asistentes al acto qu ellenaban el recinto de la alameda.

La alcaldesa cerró las intervenciones

Tras el pregón de Arantza llegó el momento del cierre de intervenciones y en ello estuvo la alcaldesa María Ramallo quien tras saludar a los asistentes, autoridades y especialmente a la pregonera pronunció el siguiente discurso:

BOAS NOITES A TODOS E TODAS.

Aquí estamos de novo, na fin de semana véspera do noso Día do Carme. Este gran día do pregón dá o pistoletazo de saída a unhas festas que para todos os marinenses son un punto e aparte no ano, un impas, unha paréntese.

Quero empezar, como non podía ser doutra maneira, agradecendo a Arantza Portabales a súa xenerosidade, non só por estar hoxe aquí con nós, senón porque fai bandeira das súas raíces marinenses alá por onde vai. Cando escribe, cando presenta os seus libros, cando debate de literatura… Alá onde esté, Marín sempre vai con ela. Grazas, Arantza, por ser unha gran embaixadora desta terra.

Unha terra, a nosa, que estes días brila cos festexos, as luces, os pasarrúas, as actuacións musicais, a danza e a maxia… Actividades nas que traballamos intensamente para que estas festas sexan de todos e para todos.

Porque, como dicía ao principio, en calquera vila as festas son un momento no que deixar toda a voráxine do día a día a un lado e desfrutar coas nosas familias e amizades das verbenas e dos eventos culturais.

Nada une máis ca o desfrute conxunto, é un pegamento esencial polo que tamén debemos velar, porque un pobo que sabe desfrutar unido con sentidiño, tamén sabe unirse para construir o seu progreso.

Este ano, ademáis, tendes que permitirme que faga unha mención especial á Escola Naval Militar, que recibirá a súa maxestade, a Princesa Leonor, para que inicie a súa formación na Armada. Estou segura de que en Marín se sentirá tan ben acollida como o resto do alumnado que ano a ano ven desde calquera parte de España e do mundo para formarse como oficiais.

E é que penso moitas veces que non chegamos a ser conscientes de todo o que temos, de todo o que somos:

  • Só en Marínpodes estudar unha enxeñaría naval e ser oficial da Armada Española.
  • Só en Marín podes desfrutar dun atardecer desde as pistas de baloncesto do Parque Azulde Cantodarea sentindo que estás en California.
  • Só en Marínpodes ir a unha praia desde a que, con marea baixa, podes conquistar unha illa en minutos.
  • Só en Marínpodes adentrarte en mundos imaxinarios descubrindo, con ollos de nena, as figuras da Finca de Briz.
  • Só en Marínpodes viaxar a tempos precristiás no medio da noite, visitando os petróglifos de Mogor.
  • Só en Marínpodes perderte entre sendeiros, para depois comer respirando natureza fronte ao Lago Castiñeiras.
  • Só aquípodes vivir, mercar e ser feliz pasando o teu día a día na Praza de Abastos, nas terrazas, nos paseos, na zona vella… e sentir que Marín, alá onde estés, sempre vai contigo.

Isto é o que temos, a nosa gran sorte. Teñamos orgullo de vivir nun paraíso e nestes días de festa celebremos á Virxe do Carme, sempre coidando de todos e todas nós e especialmente daqueles homes e mulleres do mar que seguen preservando os oficios da nostra in mare fortuna.

Gozade destas festas, que están para vivilas, e levade sempre o nome e o sentir da vosa vila no corazón.

E agora, dicide comigo:   

VIVA A VIRXE DO CARME!

FELICES FESTAS!!!!!

Flores como agradecimiento

Al término del acto, la alcaldesa y la concejala de fiestas hicieron entrega de sendos ramos de lores a la pregonera a la periodista Chus  Gómez que la presentó y a la ausente autora del cartel de las fiestas Patricia Otero

La Tuna Compostelana, una vergüenza

Terminado el pregón el público asistente esperaba la actuación de la Tuna de Santiago de Compostela porque así estaba anunciado pero los tunos, más tunos que nunca, justo en el momento en que tenían que estar en la alameda de Marín llamaron por telèfono  para decir que no podían cumplir con su compromiso con lo que dejaron con un palmo de narices al respetable público y a la comisión municipal de fiestyas cuya responsable no sabía dónde meterse para justificar tal desprecio. Afortunadamente, andaba por allí todavía la

charanga “Noroeste” que actuó en el sitio de los compostelanos y se llevó los aplausos del público . No resiste ni un solo comentari la falta de seriedad de un grupo musical que no merece ni una llamada más  

“III Feria do Viño das Adegas do Morrazo”

MUy concurrida la feria del vino del Morrazo

Otro atractivo especial de la jornada de ayer fue la apertuira de la “III Feria do Viño das Adegas do Morrazo” que abrió sus expositores en la alameda y permanecerá activa hasta el mismo día del Carmen. Han sido numerosos los participantes en esta feria de degustación de los ricos caldos de nuestra comarca que adquieren cada vez más popularidad y aceptación en todas partes y, quienes quisieron, pudieron degustar también raciones de diversas preparaciones de pulpo ofrecidas en el “stand” de “Rosa de los Vientos”. Hasta pasada la medianoche, la alameda estuvo abarrotada por este motivo.

La feria abrirá todos los días de 11 a 15 horas y de ocho de la tarde a doce de la medianoche para facilitar el acceso en un amplio horario de oferta.

Hoy San Cristóbal y una intensa programación

Hoy sábado será otro día muy intenso de la programación de las fiestas del Carmen y la jornada se dedicará a la celebración del Día de San Cristóbal con la celebración eucarística en el Nuevo Templo a las doce del mediodía  y posterior acto de bendición de los vehículos que pasen frente a la imagen del Santo protector de los conductores y vehículos que se apostará delante de la Casa Consistorial.

Festival Folclórico Internacional

Grupo de jotas Cinco Villas que hoy actuará en la alameda

El grupo “Airiños de San Xulián”, un año más prepara su gran festival folclórico que toma carácter internacional al contar con la participación del “Rancho folclórico ASRC Pouca Pena” de Soure (Portugal) así como también con  la espectacular agrupación de folklore Aragonés Grupo de Jotas Cinco Villas  de Bardenas (Zaragoza).

El festival se iniciará en la alameda a las ocho y media de la tarde

Café Quijano y la orquesta New York

La jornada finalizará con el concierto especial de “Café Quijano”, a las once de la noche en el Parque Eguren y a, continuación, para cerrar la jornada, la verbena a cargo de “New York en la Plaza de España

roslev