Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O BNG pide a revisión dos cálculos económicos no concurso do “Servizo de Axuda no Fogar”

Carriola.Celia García Santomé (*).14.08.24.

julio@carriola.es.

Un axuste dos cálculos económicos permitiría reducir o prezo medio anual do contrato, o que suporía un aforro significativo para as arcas municipais e garantiría que o prezo por hora do servizo se manteña na media galega

No pleno municipal do 8 de agosto expresamos a conformidade co contido da memoria xustificativa, o estudo económico e a documentación soporte do concurso para o Servizo de Axuda no Fogar (SAF). Con todo, propuxemos unha revisión das previsións económicas utilizadas, que estimaron un incremento salarial do 3 % anual e unha inflación do 1,5 % para outros custos entre 2025 e 2028 e solicitamos que se revise este apartado específico dos cálculos económicos globais antes da publicación definitiva.

Na nosa consideración, estas cifras non coinciden coas recentes previsións do pasado mes de xullo.do Banco de España e da Autoridade Independente de Responsabilidade Fiscal (AIReF), que sitúan o incremento anual en torno ao 2%. “Un axuste destas previsións permitiría reducir o prezo medio anual do contrato nun 1,99%, o que suporía un aforro significativo para as arcas municipais ao ser menor o prezo máximo de licitación e garantiría que o prezo por hora do servizo se manteña na parte máis alta da media galega.

Ademais, criticamos o insuficiente financiamento do SAF por parte da Xunta de Galicia e por parte da administración estatal vinculado ao Ministerio de Dereitos Sociais pois, a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) da que forma parte a alcaldesa de Marín, xa solicitou que estas administracións cubran o 100% do financiamento do SAF, tal como establece a Lei de Dependencia.

Na sesión de control do Parlamento Galego do pasado 10 de xullo, o presidente Alfonso Rueda recoñeceu a necesidade de revisar á alza a achega autonómica, que desde 2023 é de 12 euros por hora. A pesar disto, o Partido Popular (PP) rexeitou unha proposición non de lei do BNG que demandaba un incremento inmediato desta achega ata os 20€ por hora nos próximos dous anos.

O BNG de Marín reafirma o seu compromiso cun SAF xusto e ben financiado, defendendo un enfoque económico realista que non sobrecargue as finanzas municipais e que garanta un servizo de calidade.

(*)Celia García Santomé é Concelleira do Grupo Municipal do BNG

roslev