Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Abandono das parcelas municipais que esixe accións inmediatas

Carriola.Tino Iglesias (R).22.08.24.

julio@carriola.es.

A día de hoxe, esta parcela municipal atópase chea de maleza e entullos de obra, chegando a aparecer ratas e serpes co que, esta falta de acción por parte do goberno, incrementa o risco de incendios e supón un perigo para os inmobles próximos.

Tino Iglesias

No pleno celebrado este mes de agosto, o Bloque Nacionalista Galego (BNG) instou ao grupo de goberno do Concello de Marín a cumprir coa Ordenanza de Protección Medio Ambiental, en particular no que respecta á limpeza de solares e edificacións de titularidade municipal, solicitude que nace dunha queixa veciñal recibida no buzón cidadán do BNG Marín (bngmarinescoita@gmail.com), un canle de comunicación aberto coa veciñanza, onde se poden trasladar suxerencias, comentarios ou queixas coa finalidade de mellorar a calidade de vida dos e das marinenses.

 

Os veciños e veciñas da barriada Virxe do Porto, en Marín (A Cañota), manifestaron a súa preocupación pola contraditoria actuación do Concello pois, se ben a administración local leva meses lembrando aos propietarios de parcelas a obrigatoriedade de xestionar a biomasa nas súas propiedades, o que inclúe a limpeza, desbroce e retirada de especies arbóreas, o propio Concello non está aplicando estas mesmas medidas nas parcelas de titularidade municipal, como é o caso das instalacións da Sacoa.

Esta situación non se limita só ás instalacións da Sacoa porque, outro exemplo similar de falta de limpeza, pode atoparse na parcela do antigo matadoiro de Bagüín, en Mogor. Estas problemáticas súmanse ás queixas diarias da veciñanza sobre o estado dos colectores e a sucidade tanto no casco urbano como nas parroquias de Marín. A veciñanza está cansa de manifestar as súas queixas ante esta situación de abandono, que parece non ter fin.

Desde o BNG de Marín solicitamos unha resposta inmediata do Concello para que se adopten as medidas necesarias que garantan a limpeza e mantemento adecuado das parcelas municipais, reducindo así os riscos e mellorando a calidade de vida dos e das veciñas deste municipio. 

(Texto e fotos BNG)

Tino Iglesias García é concelleiro do Grupo Municipal do BNG.

 

roslev