Carriola.Consll.Emprego (R).22.08.24.
julio@carriola.es.
A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, visitou onte a Fundación Juan XXIII co gallo de coñecer o seu labor en colaboración coa Xunta a prol da empregabilidade das persoas con discapacidade. En concreto, o Goberno autonómico apoia a entidade na consolidación do seu Centro Especial de Emprego (CEE), entre outras achegas.
Na visita, a directora xeral puido coñecer os progresos no marco deste CEE activo desde 1988, que busca empregar ás persoas con máis necesidades de apoio e que vén recibindo axudas da Xunta nos últimos anos para o seu mantemento, para a creación ou ampliación do seu cadro de persoal, para a súa unidade de apoio á actividade profesional ou para un programa de formación dual para persoas con discapacidade intelectual.