The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O BNG esixe ao goberno local maior transparencia e rigor nas obras públicas

Carriola.Lucía Santos Omil (*).01.10.24.

julio@carriola.es.

A máscara do goberno municipal, que leva anos presumindo de ser “bos xestores”, finalmente caeu. Os resultados de varias obras municipais deixan claro que a súa xestión está lonxe de ser tan eficaz como queren facer crer

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) manifesta a súa preocupación pola deficiente xestión do goberno municipal de Marín, liderado polo Partido Popular (PP). Temos que sinalar múltiples deficiencias en proxectos importantes para o municipio, o que evidencia unha xestión ineficiente e falta de transparencia no uso dos recursos públicos.

Como voceira do BNGdestacarei que a mala planificación e execución de moitas obras municipais están a xerar frustración entre a veciñanza. Non se trata dun caso illado, senón dunha tendencia xeneralizada de mala xestión en varios proxectos que deberían estar mellor planificados e executados.

Un dos exemplos máis recentes é o das instalacións da piscina municipal, onde persisten problemas que dificultan o uso normal das instalacións por parte das persoas usuarias. Lamentamos que o goberno municipal non asuma responsabilidades e intente desviar a atención, e pide máis seriedade na información pública. Non hai máis que visitar as instalacións para comprobar que os desperfectos que levamos meses sinalando son reais e afectan directamente á veciñanza.

Outro proxecto que xerou inquietude é o do Centro Cultural, onde se atopou auga na súa ubicación durante as obras, un problema que non estaba previsto inicialmente. A isto súmase o caso do Centro para a Mocidade no antigo Liceo Casino, que debía estar rematado en xullo do ano 2023, pero permanece paralizado sen explicacións claras. Tamén chama a atención outras actuacións, que presentan problemas como o paseo Alcalde Blanco, onde o material utilizado comezou a deteriorarse pouco despois de finalizar as obras, ou o colector da avenida de Ourense, que leva máis de tres anos xerando problemas recorrentes sen ser resoltos.

Outro caso preocupante é o do aparcadoiro en O Campo, no que se investiron 650.000 euros de fondos públicos, pero que aínda non está a cumprir coa súa función prevista. A ausencia dos prometidos puntos de recarga para vehículos eléctricos agrava a percepción de que a xestión deste proxecto foi ineficiente. Ademais, os carrís-bici do paseo da avenida de Ourense e O Forte seguen sen conexión, limitando o seu uso efectivo.

Para o BNG, estas deficiencias non son erros puntuais, senón o reflexo dunha xestión sen previsión nin transparencia. Non estamos aquí para criticar por criticar, senón para defender os intereses da veciñanza, que merece unha xestión responsable e eficiente dos recursos públicos. O BNG insta ao goberno de María Ramallo a que asuma as súas responsabilidades e actúe con urxencia para corrixir as deficiencias nas obras e proxectos municipais. Os veciños e veciñas de Marín merecen que os seus impostos se invistan de maneira eficaz e que as obras cumpran cos obxectivos previstos.

(*) Lucía Santos Omil é a Voceira do Grupo Municipal do BNG.