Carriola.Helena Caíña Rey (*).01.11.24.
julio@carriola.es.
Tralo sorteo efectuado este mediodía na sede social da asociación, con motivo da "Campaña Estrela", a gañadora foi Tania Pastoriza García que Tania selou a súa tarxeta nos comercios “Green & Grey”, “Pescados Fita” e “Filla e Nova Imaxe” polo que disporá de 3 vales compra de 50€ para consumir nestes establecementos.
Neste caso, Tania non forma parte do club de fidelización de “Comercio do Morrazo”, polo que non recibirá na súa tarxeta de fidelización 50€ a maiores.
Recordamos que formar parte do club de fidelización é gratuito, e polas compras efectuadas, acumúlase unha porcentaxe do importe das vendas.
O acto de entrega do premio terá lugar o Mércores día 6 de novembro ás 12:00h no comercio Green & Grey, no transcurso do mesmo o gañador recibirá os 150€, en vales compra.
Nesta edición, efectuanse 7 sorteos polo que en total sorteamos 1.400€ en tarxetas regalo.
Esta campaña conta co financiamento da Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Comercio.
(*) Helena Caiña Rey pertence á seccion administrativa de Estrela de Marín