Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Do Cartafol de Manuel Torres

Unha nova pasaxe da publicación feita polo Ateneo Santa Cecilia en 1986 recollendo escritos de Manuel Torres Martínez que, ademáis de gran pintor foi tamén un magnífico articulista e incluso poeta. Como sempre respec tamos en todo a súa gramática de aquel tempo.

 Loubanza do porco

 Dádeme pruma, papel e tinta. Dádeme as nove estreliñas das nove musas que poboaron de belidas craridades o Parnaso pra que me alumeen con ledas imaxes o pensamento. Dádeme a lembranza cristaíña coma aspingas do orballo i a paixón alcendida en fogueira de grandes labaradas. Dádeme a gracia do poeta i o profundo pensamento do filósofo porque quero cantar con afervoadas verbas a grande, a infinida, a inconmensuravel groria do porco.

Dádeme por adiantado o voso sano e seña da vosa comunión comigo niste degoro sin lindeiros que nos pousa na rolda emotiva en cuio centro de gravedade xira sobre sí mesmo a masa redonda, concreta e tranxible do porco.

Quero contar con grande fanfarria o manifico rei do quinteiro decote deitado en trono de estrume, envolto no lene arrecendo da bostas da corte, quinta esencia dos verdes pradales i as pallas murchas no colo morne do outono. I o debecer do petrucio no coidado polo grande cunco dos grandes festíns das afartas de landras e das enchentes de empapada levadura cocida con agarimo no pote ritual das casas sonadas. I o xeito cariñento da vella faguéndolle compridamente cóchegas no bandullo do porco deitado ó longo no dondo chan estrumado, namentras o touciño acariñado lle fornece sensacións de un insospeitado nirvana. I o declive das olladas todas caindo sobre a regalía do porco mantido, i o degoro da súa sustancia agromando na boca de todol-os bandullos do mundo.

¡Ai, Sanmartiño, Sanmartiño! Cumio do gran reinado da asimilación e da boa vida, remate das grandes papadas, epílogo da forma curva en tensión de untos e touciños, esmorecimento da groria moi do esterco transmutándose en sustancia de futuros agromares. ¡Ouh porco, porco,inmolado polo coitelo da gula no mesmo quinteiro dos teus gástricos ensonos!. Purificado polo lume de mollos de centeo estás de novo erguido no cumio do universal anceio salpresado co sal  da perpetuidade, curado na solene liturxia das afumadas de loureiro co arrecendo de todal-as sustancias vexetaes. Agora escomenza pra ti novo e grande reinado da división infinitesimal e do esmigallamento pra darte en groria e sustancia nas solenes enchentes animadas de estourantes gargalladas.

¡Ouh porco, porco!, verba ademirativa ceibada pola gula encachoupada en todolos recantos do bestial anceio de comer. ¡Ouh porco, porco! Abenzoado polas gorxas emporcalladas de grasa, cinguida a súa papada co babeiro da cursidá na rolda algareira dos xantares padroales. Abenzoado nas rituales laconadas do Antroido, remollado co adobo tintoreiro dos espritosos zumes das parreiras. Abenzoado nos tobos urbáns da gastronomía, escearios das suculentas  lobadas, despensas da túa inmortal sustancia, soerguendo de cote o anceio das túas xugosas frebas. Abezoado no esquesito Salón de Te polo coro de donas de epigástrica beleza que antre louba e louba papan as lonxas da túa rosada suculencia e poñen no engulimento o acorante anceio de connvertir en carne propia a esencia basta e aldeán das túas talladas.

O mundo enteiro se vira para ollarte e dogorarte co máis elemental instinto. Erel-o celme da nutrición, química síntesis do mundo asimilabre. As herbas, as pallas, as codias sustanciosas , as espesas levaduras, as augas emporcalladas,os gases do esterco, o arrcendo das bostas, o ar do quinteiro, as cóchegas da vella... todo, todo, adicado ó teu medrío para regusto e ledicia da humanidade.

roslev