Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

“SOS Sanidade Pública” concentra a un centenar de persoas na alameda Rosalía de Castro

Reinvidicaron a melloría da Sanidade e anuncian unha gran movilización para esixir o fin da utilización partidista da pandemia por Núñez Feijóo

 Carriola.Redcción.21.04.21

Un cento de persoas secundou na tarde de onte a concentración convocada por “SOS Sanidade Pública” na alameda Rosalía de Castro de Marín nunha tarde en que la chuvia desluciu un pouco o acto programado.

Dende o palco de la música leuse un manifiesto en dúas partes decindo na primeira delas a intervinte:

Núñez Feijóo utiliza a política partidista COVID-19 ; acapara a través dos medios de comunicación toda a informacióm e decisións sobre a pandemia e aproveita o traballo que realiza o persoal da sanidade pública no seu beneficio persoal.

Manifesto que a pandemia chegou cunha Atención Primaria debilitada, deteriorada polos gobernos do PP, con insuficientes recursos humáns materiais e organizativos. A mesma atención Primaria que debe ser fundamental para o seguimento, control e tratamento da Covid-19, tanto nos centros de saúde coma nos domicilios. Sen recursos non se pode asumir as funcións da pandemia nin atender dun xeito adecuado as outras patoloxías e demandas da poboación.

As barreiras de acceso - continuou a primeira interviniente - nos centros de saúde e nos centros hospitalarios tales como a suspensión de consultas, probas diagnósticas e intervencións cirúrxicas, xeneran un gran malestar tanto na cidadanía como no persoal sanitario comprometido pero insuficiente. O uso continuo do teléfono dificulta a comunicación e asistencia médico-paciente; ísto por unha banda e, por outra, favorece ó sector privado incrementando deste modo as desigualdades de saúde. O noso obxectivo é recuperar a consulta presencial e a actividade normal nos centros de saúde e isto non supón volver á situación anterior de masificar a Atención Primaria.

A responsabilidade da penosa situación que se está a desenvolver nos Centros de Saúde e Hospitais do Sergas é da Conselleria de Sanidade onde se crean as ordes que serán de aplicación nos centros.

 Segunda parte do manifesto

 Un segundo intervinte no acto tomou a palabra para seguir coa lectura do manifesto nestes términos;

A información respecto á saúde e as vacinas non é transparente e crea preocupación social. A Xunta aproveita esta alarma social para modificar por segunda vez a Lei Galega de Saúde coa finalidade de recortar Dereitos e Liberdades Cívicas Fundamentais de xeito inconstitucional.

O apoio social á loita contra a Covid-19 ten a súa base no acordo e colaboración da poboación e non no medo a unhas sancións represivas desproporcionadas, É intolerable usar a pandemia para facer marquetin político.

Dende a plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia facemos un chamamento á poboación e ás persoas profesionais sanitarias para unha gran movilización co fin de esixir o fin da utilización partidista da pandemia e a elaboración dun plan para a recuperación do sistema sanitario público en Galicia.

Os orzamentos da Xunta - terminó su lectura del manifiesto - e a financiación que veña da Unión Europea, deben destinarse ao incremento dos profesionais, máis estabilidade , menos precariedade. Mellorar as infraestructuras da atención sanitaria, da investigación da saúde e aumentar categorías profesionais de psicoloxía, clínica, terapia ocupacional, fisioteramia, logopedia, etc.

Terminou, antes de convidar aos asistentes a repetir a consigna “Sanidade Pública”, decindo: En definitiva, para ter o Sistema Sanitario Público e de Calidade que dea resposat ás demandas actuais e futuras da poboación galega.

A concentración disolveuse unha vez rematada a lectura do manifesto.

roslev