Carriola.Redacción.14.11.24.
julio@carriola.es.
A marinense Paula García ven de ser convocada por primeira vez polo Equipo Nacional de Remo Paralímpico. Trátase dunha gran noticia para a remeira marinense, que se concentrará coa selección a finais de mes no Centro Especializado de Alto Rendemento da Cartuja (Sevilla) para preparar os próximos eventos internacionais da selección española.
Dende o club celebran a noticia, que é froito do esforzo e dedicación desta xoven remeira, e esperan que sexa a primeira de moitas convocatorias. Tamén agradecen a dedicación do equipo técnico a esta deportista, que ten que superar numerosos obstáculos para acceder á auga coa súa embarcación. Deste xeito, agardan que chegue pronto a colaboración das autoridades para instalar un pantalán flotante, que facilite as manobras e reduza os riscos para ela e todos os integrantes do club.