Lucía Santos informa que xa se pediu á Diputación o cambio dos paneis informatios instalados no recinto e pide o apoio do concello.
Carriola.Redacción.24.04.21
O BNG denuncia a discriminación do galego no castro de A Subidá Lucía Santos declara que “se os traballos no castro supoñen un atentado ao noso patrimonio arqueolóxico, os paneis informativos son un atentado lingüístico que non imos tolerar”
Non é a primeria vez que o BNG denuncia que a actuación levada a cabo no castro de A Subidá, encadrada no proxecto “Trazas de Pontevedra I” impulsado polo Ministerio de Fomento en convenio coa Deputación de Pontevedra a través da área “Turismo Rías Baixas”, no marco do Proxecto de Restauración e Musealización dos Xacementos Galaico-romanos de Pontevedra, supuxo unha actuación invasiva e pouco respectuosa co xacemento, que nada ten que ver coa restauración e posta en valor do castro.
Desprecio do idioma Galego
Lucía Santos denuncia, ademáis. que “esta actuación tamén supuxo un desprezo ao idioma galego, xa que os paneis informativos que foron colocados amosan a información do castro en lingua castelá na parte dianteira dos mesmos, relegando á parte traseira a información no idioma galego e inglés.” e engade que “por unha banda supón a ocultación do idioma galego, xa que a visibilidade é nula e o acceso á parte traseira dos paneis é insegura na maioría dos paneis, e por outra banda coloca ao galego nunha posición de inferioridade ao castelán e o equipara a unha lingua estranxeira como é o inglés.”
Recalca, por outa banda, que, “Se os traballos no castro supoñen un atentado ao noso patrimonio arqueolóxico, os paneis informativos son un atentado lingüístico que non imos tolerar, polo que o BNG xa solicitou á Presidencia da Deputación de Pontevedra que se leve a cabo a súa substitución por outros nos que se visualice perfectamente a información en todos os idiomas, mais onde o galego teña un papel preferente, e dar así cumprimento á Lei de Normalización Lingüística defendendo e promocionando o idioma galego.”
Apoio municipal
Lucía Santos informa que “o BNG solicitou ao Concello de Marín que apoie esta proposta e inste á Deputación de Pontevedra para unha nova colocación dos paneis respectando o noso idioma, xa que todas as institucións públicas de Galiza teñen a obriga de velar polo coidado, uso e protección do noso idioma.”