Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O Concello defende a natureza urbanística e medioambiental de Marín

Carriola.NdP.Concello (R). 16.04.25

julio@carriola.es

O Goberno local inviste 800.000 euros anuais en mantemento e replantación de todas as zonas verdes do municipio e agora busca optar a unha subvención da Xunta de Galicia de 150.000 euros para seguir a impulsar o seu modelo de cidade máis sostible e habitable, centrado na Avenida de Ourense, Concepción Arenal e o Paseo Alcalde Blanco

O Concello de Marín continúa dando pasos firmes cara unha cidade máis verde, habitable e conectada coa natureza. Nos últimos anos, cada unha das actuacións de mellora urbana impulsadas polo Concello conlevou unha clara aposta pola renaturalización, incorporando máis de 6.000 plantas e 117 árbores novas, que se suman ás constantes replantacións con pranta de tempada que se realizan ao longo do ano.

Entre as actuacións recentes máis destacadas atópanse a renovación da Avenida de Ourense, que conlevou a plantación de máis de 4.000 plantas ornamentais e 80 árbores, e as beirarrúas da zona anexa á Escola Naval Militar e a Rúa do Forte, onde se habilitaron zonas axardinadas con máis de 300 plantas e 17 árbores.

Tamén no Paseo Alcalde Blanco, plantáronse 1.500 novas especies vexetais e creáronse zonas de arborado que non existían anteriormente, favorecendo unha maior integración entre o espazo urbano e a fachada marítima.

A alcaldesa de Marín, María Ramallo, considera que "esta transformación verde é unha seña de identidade do modelo de cidade que queremos seguir construindo.As zonas verdes non só embellecen o municipio, senón que teñen un impacto  directo na saúde, na calidade do aire e na loita contra o cambio climático".

Precisamente neste contexto, o Concello solicitou unha subvención de 150.000 euros á Consellería de Medio Ambiente dentro da nova liña de axudas autonómicas dirixidas a promover a renaturalización urbana e a promover Galicia como refuxio climático.

Para que rúas e espazos se solicitou a axuda da Xunta de Galicia

Unha das beiras da Avenida de Ourense, a que discorre paralela ao peche portuario, foi obxecto dunha importante humanización a través da EDUSI Marín Dusi, financiada con Fondos FEDER. Agora, a outra beirarrúa que colinda cos locais comerciais e os edificios residenciais está en plena execución da súa mellora, que contempla o ancheamento das beirarrúas para favorecer a mobilidade, o calmado do tráfico e a súa optimización, coa creación dunha glorieta.

O proxecto, do Ministerio de Fomento, non contempla a dotación de áreas verdes, xardineiras e mobiliario urbano, polo que desde o Concello consideramos prioritaria a plantación de especies vexetais que permitan reducir a dureza da intervención urbana e favorecer a naturalización desta beira da rúa, tendo en conta que na beira contraria optouse por unha importante inversión en parterres  que contasen cunha ampla cuberta vexetal.

Polo tanto, plantarase algunha árbore puntual e apostarase por zonas de axardinamento, ademais de dotar dalgún banco, especialmente ao tramo que vai desde a futura rotonda ata o Concello.

Cantodarea Marín pola estrada vella

Por outro lado, a Xunta de Galicia está a executar a humanización e mellora da mobilidade en todo o trazado da PO-546, desde o límite do termo municipal de Pontevedra ata a Rúa da Ponte. A Rúa Concepción Arenal, polo tanto, gana unha nova fisionomía, máis amable coa cidadanía, creando beirarrúas de 2 metros de ancho en todos os tramos posibles e mellorando a seguridade viaria. Agora, desde o Concello procurarase incrementar a vexetación nesta rúa, coa plantación de árbores e especies vexetais que renaturalicen unha das vías de maior uso do casco urbano.

roslev