Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O Concello abre a licitación para explotación dos servicios de playas

Os interesados deberán presentar as súas ofertas antes do día 15 deste mes

Carriola.Redacción.05.05.21

Xa é público o plego de condicións para optar as autorizacións de explotación dos servicios nas praias na tempada correspondente a este ano como son los qioscos de venta de xelados e refrescos, terrazas servicio de hidropedais, canoas, taboas de paddel-surf etc. que ocupen dominio público marítimo terrestre con instalacións desmontables.

Instalacións dispoñibles

Según o anuncio feito público onte polo propio concello, as instalacións dispoñibles son : “Un kiosko en Portocelo, Mogor, Aguete, Loira e O Santo, ademáis de hidropedais en Mogor e canoas e paddle surf en Aguete”. Indica el mismo anuncio que “A explotación das instalacións levarase a cabo baixo o exclusivo risco e responsabilidade do titular da autorización as autorización non serán transmisibles, dado que o seu número está limitado, e Terán unha desde o momento do seu outorgamento ata o 30 de setembro”.

Os concesionarios gañadores da subasta deberán pagar un canon mínimo á  administración local e deberán facelo nun período de dez días hábiles

Quien pode participar

Según o propio anuncio “Poderán participar nesta convocatoria as persoas físicas ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar, non se atopen incursas en ningunha das causas de incapacidade ou incompatibilidade previstas pola lexislación vixente e áchense ao corrente nas súas obrigacións tributarias e coa Seguridade Social. A empresa adxudicataria deberá ser persoa física ou xurídica cuxa finalidade, actividade ou obxecto social teña relación directa co obxecto do contrato e dispoñer dunha organización con elementos persoais e materiais suficientes para a debida explotación da instalación. En todo caso, os candidatos propostos como adxudicatarios deberán acreditar esta circunstancia nos dez días hábiles seguintes ó da notificación do requirimento de documentación necesaria para a adxudicación da autorización”.

Como presentar as ofertas

A documentación e proposicións que presenten os licitadores deberá presentarse única e exclusivamente de forma electrónica, a través da Plataforma de Contratación do Sector Público, no enderezo electrónico: https://contrataciondelestado.es, e conforme os requisitos técnicos establecidos na citada plataforma. En consecuencia non poderán presentarse en formato papel. Os licitadores deberán presentar os documentos electrónicos en formato PDF. No caso de que calquera dos documentos dunha oferta non poida visualizarse correctamente, permitirase que, no prazo máximo de 24 horas dende que se notifique dita circunstancia, o licitador presente en formato dixital o documento incluído no ficheiro erróneo.

O prazo para presentar as solicitudes rematará o próximo 15 de maioe as persoas interesadas poden consultar toda a documentación necesaria para a presentación á licitación na web do Concello.

roslev