Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Do Cartafol de Manuel Torres

Carriola.Redacción.06.05.21

Hoy extraemos del “Cartafol” de Manuel Torres otro de sus artículos publicados por el Ateneo Santa Cecilia en el año 1986 cuyo título es “A Ervilleira”. Como siempre, respetamos totalmente la escrita del autor que, seguramente hoy, ajustaría a la Normativa vigente.

A Ervilleira

O señor Alberte era un home que ía pra vello. Notábase nél que xa non lle tiñan engado as novas que contaban os xornaes nin a partida de tute no bar da Burata. O que mais lle gustaba ó señor Alberte era o pasatempo de coidar una pequena horta que tiña como unha colcha verde tendida mesmo diante da sua casa. Naquela hortiña pasaba as horas mortas do seu vivir prantando, podando, regando, arranxando, cando unhas cando outras, as prantas que alí medraban pra regalía dos seus ollos.

As prantas non todas eran de adorno. Tamén había outras que, sin sere motivo  de industria, producían algo pra botar na ola do caldo ou pra guisar de ves en cando con un poliño dos que criaba no seu galiñeiro. Por iso sementara un tallón de ervillas que niste intre do conto xa estaban medradas e os graus maduraban dentro das casulas. Era tan mesta a ervelleira que os paxariños acobillábanse nela cando chovía ou inda que non chovera, porque, ademáis do agarimo a ervilleira daba de comer ós paxariños coas súas ervillas inda verdelleiras.

Daquela o señor Alberte decatouse de que os ledos paxariños, de paso que debullaban melodías musicaes, no cocho da ervilleira, íanlle comendo pouco a pouco e sen malicia as ervilliñas todas. I entón detremiñou arrodear e cubrir o tallón de ervillas con retrincos de rede vella e daquel xeito, o mal quedou remedeado. Os paxariños xa non podían ter acobillo na ervilleira. Pero un día colouse un. O señor Alberte veu o paxariño na ervilleira coma si estivera nunha gran gaiola de verdor.Víao todolos días e gustáballe velo voar daquí para alí, peteira aquí, peteira alí, dono daquel pequeno mundo da ervilleira coutado pola rede. Pero ó fin, o señor Alberte decatouse de que co tempo, aquel ledo paxariño tamén podía comerlle as ervillas todas. I entón pensou ceibalo, sácalo daquela gaiola farturenta.

O señor Alberte entrou na ervilleira. Deixou aberto un bocado de rede e tratou de axotar ó paxariño con moito miramento para non asustalo. Pero o paxariño non sospeitaba as intencións do siñor Alberte, e pola contra coidaba que o quería apañar. O paxariño revoaba cada vez con máis abravio vendo que o señor Alberte non deixaba de perseguilo. Pero, ó fin, cadrou a pasar por onde estaba aberta a rede e saleu coma una chispa hastra pousarse na ponla mais outa dunha cerdeira desde onde os paxariños, seus amigos, puderon ver a faena da súa liberación.

O señor Alberte, cando veu ceibado ó paxariño, sinteu unha moi fonda ledicia. E o paxariño dende a pola da cerdeira, ceibou un ledo rechouchío que quería decir: Puñetero, queríame coller, pero amoleino.

 

roslev