Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Deputación, Xunta e Concello invirten 725.000 euros na reforma integral do pavillón do Sequelo

Carriola.Dep.Prov. 04.06.25

julio@carriola.es

O presidente da Deputación, Luis López, que visitou onte o pavillón de deportes do Sequelo acompañado pola alcaldesa e deputada provincial María Ramallo, puxo os 362.500€ de investimento nel como exemplo da pegada do +Provincia na renovación dos equipamentos públicos dos concellos e neste caso coa inversión de 725.000€ entre a Deputación, a Xunta e o Concello o que conforma unha inversión en materia deportiva en Marín de case 1,2 millóns de euros desde o 2023 segundo apuntou López

Un momento da explicación do proxecto

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, visitou onte o pavillón deportivo do colexio Sequelo de Marín, que será obxecto dunha reforma integral valorada en 725.000€, dos que o organismo provincial achega o 50 % (362.580€) a través do Plan +Provincia, froito dunha colaboración a tres bandas entre a Deputación, o Concello e a Xunta. Acompañado pola alcaldesa e deputada provincial, María Ramallo, e o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera; o dirixente salientou o compromiso do organismo provincial coa colaboración cos concellos e coa mellora das instalacións deportivas na provincia e a pegada do plan +Provincia para a transformación e modernización das infraestruturas municipais. “A reforma integral deste pavillón do Sequelo é froito da colaboración tan necesaria entre administracións. Un proxecto para o que a Deputación achega a metade do orzamento, máis de 360.580€, a través do plan +Provincia. E non é a única liña de colaboración entre o Concello de Marín e a Deputación, só en materia deportiva levamos investidos case 1,2 M€ desde o ano 2023”, subliñou o presidente, quen lembrou a recente inauguración da reforma do pavillón da Cañota financiado a través do programa provincial PON2030.

Proxecto de reforma

O proxecto de reforma integral do pavillón do colexio Sequelo consiste na substitución da cuberta existente e renovación das fachadas para mellorar o illamento e a eficiencia enerxética do edificio. Así mesmo, está prevista a renovación das carpinterías e vidros no inmoble, así como a instalación de bombas de calor con enerxía renovable e a renovación das instalacións eléctricas, para afondar na sustentabilidade do mesmo. Unha intervención que se completará cunha intervención na contorna do pavillón para mellorar a accesibilidade en todas as súas entradas e saídas.

María Ramallo artífice desta obra

Luis López recoñeceu como a artífice desta obra estratéxica e transformadora a alcaldesa María Ramallo da que dixo: “Con persoas coma María Ramallo ao outro lado da mesa cumprir co noso compromiso é moito máis doado”, poñendo en valor o labor da alcaldesa como rexedora e tamén como deputada responsable do servizo de Cooperación cos concellos decindo; “É unha municipalista convencida, unha servidora pública que sabe que a colaboración é a forma máis sinxela de executar proxectos e unha alcaldesa que comparte a vocación de mellorar a calidade de vida da veciñanza de Marín e do resto da provincia”.

Pola súa banda, a alcaldesa recoñeceu a “valiosa achega de administracións como a Deputación para facer realidade un proxecto tan prioritario coma este, moi demandados por todas as persoas que fan usa a diario desta instalación”, dixo a modo de agradecemento Ramallo.

Outras intervencións da Deputación en Marín

A reforma do pavillón do Sequelo non é o único proxecto no que a Deputación colabora co Concello. A través dos plans de Cooperación do organismo provincial está previsto o investimento este ano no concello morracense un total de 2,4 millóns de euros, entre os que sobresaen o máis dun millón de euros que achegará á Deputación a través do Plan Extra para a humanización da rúa Tiro Naval Janer. “Tendemos a man da colaboración, como levamos facendo nestes case dous anos de goberno, co Concello de Marín e os sesenta restantes da provincia para seguir mellorando a calidade de vida da veciñanza”, concluíu o presidente Luis López.

 

roslev