Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O Ateneo Santa Cecilia organiza un encontro musical o sábado coas actuacións de”Asxupen”, “Ferriñas” e “Garatuxa”

Carriola.Redacción. 05.06.25

julio@carriola.es

O Ateneo Santa Cecilia organiza para a tarde do sábado día 7 con acceso libre e no paraninfo do instituto Illa de Tambo, un acto musical no que intervirán tres agrupacións dirixidas polo mestre Alberto Lago

O acto está organizado coa colaboración do grupo marinense “Ferriñas” e, ademáis desta agrupación, actuarán

“Garatuxa” de Vigo e

“Asxupén” do Grove dándose a curiosidade de que as tres están dirixidas polo mestre Alberto Lago, todo un experto na música tradicional e flolclórica pertenecente desde ben cativo á familia dos “Trompos ós Pes” na que tamén é un elemento pouco menos que imprescidible.

Entre os tres grupos participantes xuntaranse preto de 100 persoas que porán en valor a cultura e tradición galega a través de diversos cantos populares, para rematar o encontro cunha canción que será interpretada conxuntamente polos tres grupos.

Agradecemento

O presidente da entidade organizadora, Celso Méndez, quere deixar constancia do agradecemento á dirección do IES a súa inestimable axuda coa cesión das instalacións escolares así como a Alberto Lago a súa implicación á hora de xuntar a estes tres grupos que, con toda seguridade, farán as delicias d@s asistentes.

Os conxuntos visitantes serán convidados, ao remate das actuacións, a compartir un  “pincho” de confraternidade que corre por conta do grupo anfitrión.

A entrada é de balde ata completar o aforo.

roslev