Carriola.C. 07.06.25
julio@carriola.es
A alcaldesa, María Ramallo, e o concelleiro, Pablo Novas, visitaron o viario coa veciñanza das vivendas ás que da servizo o Camiño ao Lavadoiro de Don Pedro” e anunciaron que, a brigada de obras acometerá melloras na mina de auga e no vaso do propio lavadoiro para evitar perdas.
A alcaldesa, María Ramallo, e o concelleiro de Medio Rural, Pablo Novas, achegáronse ata o Camiño do Lavadoiro de Don Pedro, no que se acaban de rematar os traballos de pavimentación que permiten que este viario, que dá acceso a varias vivendas do núcleo, poida volver ser utilizado axetadamente polas persoas que viven nelas.

A actuación mellora o acceso peonil que une a zona de Sete Espadas e Cruceiro do Vento cara O Igrexario, permitindo chegar ao lugar no que se colle o transporte público e á estrada xeral. Ademais, tamén axudou a poñer en valor de novo o ben patrimonial do Lavadoiro de Don Pedro e adecentar igualmente o tramo como zona de sendeirismo, dando asíresposta a unha importante demanda da veciñanza da zona.
Na pavimentación deste camiño investíronse máis de 11.255 euros con cargo aos fondos propios municipais, e forma parte dunha bateria de inversións en pavimentacións que se está levando a cabo en distintos puntos do rural para poder acometer melloras nos camiños que peor se atopan de estado e que son estratéxicos para a comunicación e a mobilidade dos núcleos.
Ademais, nas próximas semanas, as Brigadas Municipais acometerán melloras na mina de auga e no vaso do lavadoiro para evitar perdas.