Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O Museo do Mar presenta o “II Festival Cine do Mar” que terá lugar entre o 24 e o 29 deste mes de xuño

Carriola.Redacción. 12.06.25

julio@carriola.es

Se a primeira edición do “Festival de Cine do Mar” organizado polo Museo do Mar de Marín alcanzou un insospeitado éxito o ano pasado con enorme repercusión popular e, sobre todo, no amplio mundiño da xente do cine propiament dita, esta segunda edición superará con creces os resultados tanto polo seu contido como polo interés que suscita a programación presentada onte ao pe do propio Museo do Mar marinense.

Representantes do Museo do Mar de Marín, cuio secretario

José María Vilaboa exerceu de presentador do acto, e coa presencia da concelleira Marián Sanmartín, puxeron en marcha o que será a segunda edición do “Festival de Cine de Mar” que terá lugar entre o 24 e o 29 de xuño en Marín, nunha edición que será máis internacional, coa participación de filmes de diversos países e continentes.

Vilaboa anunciou a data do 24 deste mes como a da inauguración da semana de cine que arrancará no emblemático Cine Seixo, a sala máis antiga de España que a familia Carballo, segue defendendo e superando calquera dificultade con verdadeira paixón polo que representa o cine nun pobo que é hoxe en día unha riqueza cultural de primeiro orden. E será no Cine Seixo onde, coa proxección do filme  “Prefiro condenarme”, de Margarita Ledo que estará presente para recibir o premio honorífico deste ano, darase por iniciado o diverso ciclo que xa non ha de parar ata o día 29 cun sinfin de actos e actividades.

Cine do Ensino

O día 25 estará adicado al Cine do Ensino e a o longo da xornada proxectaranse trece obras

Procedentes de diversos centros de Primaria e Secundaria das provincias de Pontevedra e A Coruña.

Obras finalistas

Nos días 26 e 27 procederase á proxección das obras finalistas da Sección Oficial: 10 filmes de diversas nacionalidades e nas que o público asistente poderá votar para decidir o premio do público.

Cine no Parque Azul

A clausura do festival será o sábado, día 28, coa proxección ao aire libre de “O Corno”, de Jaione Camborda, no Parque Azul.

Seccións paralelas

Sendo as devanditas actividades o eixo central da programación, Cabe mencionar as seccións paralelas que contén esta segunda edición do festival como son; Sección Muller, Sección Cambio Climático, Sección Outros Mares, Sección Patagonia, Sección Mares Da Fin Do Mundo e Sección Fronteiras no mar e, proxectaranse algúns dos mellores filmes recibidos nesta edición, fóra de competición, de diversa temática, pero co mar como fío condutor. As proxeccións estenderanse ás mañás e ás noites, coa creación das “sesións golfas”, para poder darlles cabida e facilitar a asistencia da maior cantidade de público aficionado ou curioso que desexe participar coa súa presencia

Xuntanza mariñeira

Nesta ocasión, o Grupo Cultural RONSEL de Seixo que preside Antón Pousada, fará unha importante aportación ao programa coa organización dunha “Xuntanza Mariñeira” que, máis que para ver nun film, será para tomar imaxes da concentración que se espera conseguir de barcos tradicionais procedenes dos portos máis ou menos cercanos ou incluso algún que navegará moitas millas para participar na concentración na antiga dársena portuaria de embarcacións menores recentemente remodelada no Paseo Marítimo

Showcoorking do Restaurante “E” e viaxe a Tambo

Outras importante e curiosa novidade será, segundo informou o propios protagonista no primeiro caso, Marcos S. Area, propietario e cheff do Restaurante “E”, a organización dun “showcorking” no que 40 persoas que se han de inscribir previamente, poderán participar na elaboracion de varios pratos puramente mariñeiros baixo a dirección do prestixioso cheef antes mencionado.

A outra novidade é o viaxe á Illa de Tambo ao que poderán acceder cen persoas previa inscripción tamén, con saída do embarcadoiro de Marín ás 9 da mañán do día 29 e retorno ás 14,45.

En ambos casos a inscripción poderá facerse por riguroso orden de solicitude, no propio Museo do Mar

Mesas redondas e exposicións

Tamén hai que destacar as mesas redondas, unha delas protagonizada por coñecidos youtubers que traballan no mar, como Vanesa Martínez, María Maceiras, Merce Silva e Rogelio Santos e outra por mariscadoras da Confraría de Vilaboa, Rosa Costoya, Beatriz del Río, Luisa Lago, Carmen Cortegoso, Pilar Portela e María Jesús Martínez

Cartel gañador do concurso de Fotografía do mar

No plano de exposicións poderanse contemplar tres importantes e significativas mostras como son “As mulleres na pesca: traballo invisible, pero esencial”, “Os oficios do mar“ e tamén as obras finalistas do I Certame de Fotografía de Mar.

Fin de festival e entrega de premios

A gala de clausura terá lugar o día 28 na que se fará entrega dos premios outorgados polo xurado que estará formado por Margarita Ledo, Álvaro Gago e Ángel Santos, así como tamén o premio que ha de ser sinaladopolo público.

Os premios a entregar son Rodaballo de Ouro e o Polbo de Ouro, ademais dos premios do “I Certame de Fotografía de Mar”, que tamén organizou o Museo do Mar. O acto finalizará coa proxección das obras que resulten premiadas.

Intervencións

No transcurso da presentación interviu secretario do Museo, José María Vilaboa que agradeceu a asistencia dos medios de comunicción presentes e disculpou a ausencia de Lucas Santiago, director do festival que, por motivos laborais non pudo asistir a este acto. Fixo presentación das persoas asistentes, Marián Sanmartín, concelleira; Marcos Area, Cheff do resturante “E” e Antón Pousada de “Ronsel” como importantes colaboradores deste evento do que Vilaboa explicou que a pretensión é dar un importante pulo de crecemento ao festival confiando en que con tan densa programación hase de conseguir con toda seguridade.

Fixo un percorrido polos principais datos do programa e doulle paso aos demáis intervintes que, tanto Marcos Area como Antón Pousada explicaron os contidos da súa colaboración  no festival.

Vilaboa invitou tamén a concelleira Marián Sanmartín agradecendo previamente a colaboración dos patrocinadores do evento e, en particular, a do concello do que asegurou, “Sen esa colaboración non sería posible afrontar o festival pola complicidade que contén a súa organización”.

A concelleira Sanmartín finalizou as intervencións congratulándose, no nome do Concello, do salto cualitativo alcanzado nesta segunda edición. “Estamos encantdos de que se xuntaran tantos participantes e da xestión do Museo que tal conseguiu”, dixo. Sanmartín lembrou de forma especial ao Cine de Seixo ; “Temos cine en Marín, o máis antigo de España y tamén tenemos mar con lo que alíanse os ingredentes perfectos para contar cunha semana de luxo na que se disfrutará de temas distintos pero, á vez, relacionados co cine e co mar”. Destacou finalmente a xestión do Museo “Foon capaces de aglutinar moitos patrocinadores y contan co apoio municipal cos los mellores desexos de éxito.

roslev