Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Hoxe celebrarase un Pleno da Corporación con varias mocións de PSOE e BNG no Orden do día

Carriola.Redacción. 12.06.25

julio@carriola.es

Pleno

Ás oito da tarde como é habitual dará comenzo a sesión plenaria da Corporación Municipal no concello de Marín con once puntos no Orden do Día entre os que aparecen tres mocións da oposición, dúas delas do PSOE e a outra do BNG, e un expediente de recoñecemento extraxudicial de crédito

Tras a aprobación das actas dos plenos ordinario e extraordinario do pasado mes,  tratarase, no terceiro punto, o “Ditame da Comisión Informativa de Urbanismo e Facenda en relación coa proposta do concelleiro delegado da área sobre a aprobación do recoñecemento extraxudicial de crédito”.

A continuación, puntos tres, catro e cinco, conteñen as mocións dos grupos da oposición seguites: 

* Ditame da Comisión Informativa de Medio Ambiente, Cultura, Benestar e Igualdade en relación coa moción do Grupo Municipal do PSdeG-PSOE para a mellora do entorno da praia de Loira

* Ditame da Comisión Informativa de Urbanismo en relación coa moción do Grupo Municipal do BNG para a recuperación e posta en valor do litoral urbano de Marín

*  Moción do Grupo Municipal do PSdeG-PSOE propoñendo inciar a tramitación administrativa precisa de cara a acadar a apertura do vial entre a rúa Ezequiel Massoni ata San Pedro .

O resto dos puntos, antes do final que contén os rogos e preguntas, corresponden ás informacións que a alcaldesa ten obriga de facer en cada sesión:

* Posta en coñecemento da Corporación das Resolucións ditadas no mes de maio de 2025 que van do número 1.695 ata 2.122, ambas incluídas.

* Posta en coñecemento da Corporación dos acordos adoptados pola Xunta de Goberno Local nas sesións ordinarias celebradas os días 8, 15, 22 e 29 de maio de 2025

* Posta en coñecemento da Corporación do informe de Intervención sobre as resolucións contrarias aos reparos formulados no mes de marzo de 2025 -  

* Posta en coñecemento da Corporación da liquidación do Orzamento Xeral do Concello do exercicio 2024  

roslev