Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O BNG celebra a rectificación lingüística no castro da Subidá

 “Nos gustaría que tamén se corrixiran as actuacións realizadas no castro” dice Lucía Santos

 Carriola.Lucía Santos.(*)12.05.21

O pasado 23 de abril, o BNG de Marín, solicitou á Presidencia da Deputación de Pontevedra a substitución dos paneis informativos que foron colocados no Castro de A Subidá, nos que se mostra a información do castro en lingua castelá, na parte dianteira dos paneis, e pola parte traseira, totalmente oculta e inaccesíbel, atópase a información nos idiomas galego e inglés. Ante esta absoluta falta de respecto ao idioma galego, o Deputado delegado de Réxime Interior, Economía, Facenda e ORAL, Carlos López Font, recoñeceu o grave erro cometido e dende a Deputación de Pontevedra deu traslado ao Ministerio de Fomento quen, en convenio coa Deputación, levou a cabo o proxecto de restauración e musealización no Castro, para a retirada e posterior reposición dos paneis informativos co idioma galego ocupando o espazo que merece a lingua propia de Galiza.

Ademais disto, volvimos manifestar á Deputación de Pontevedra que “as obras realizadas no Castro de A Subidá no denominado proxecto Trazas de Pontevedra I, supuxeron actuacións invasivas e pouco respectuosas co xacemento, modificando a imaxe coa utilización de elementos como formigón, enlousado no chan arredor do castro, bancos de pedra serrada con gravado da palabra “look” ou o axardinamento da ladeira do monte, accións que pouco teñen que ver coa restauración do castro e a súa contorna.”

As actuacións levadas a cabo no castro  son un completo despropósito, tanto o que se refire aos traballos no propio castro como o desprezo á lingua galega nos paneis informativos, incumprindo a lei de normalización lingüística. Gustarianos que tamén se corrixiran as actuacións realizadas no castro, mais dende o BNG celebramos a rectificación que se vai levar a cabo no relacionado coa lingua”.

*Portavoz Municipal do BNG de Marín

 

 

 

roslev