Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Almuinha reivindica máis atención a Lingua Galega co gallo da celebración do 17 de maio

Os bancos da alameda Rosalía de Castro locen unha trintena de poemas de Xela Arias.

Carriola.Xurxo Agra(*).15.05.21

O vindeiro luns 17 de maio celébrase o Día das Letras Galegas e con tal motivo a A.C. Almuinha colocou onte unha trintena de poemas de Xela Arias, a escritora homenaxeada este ano, nos bancos da alameda Rosalía de Castro de Marín. Trátase dun sinxelo acto co que tratamos de levar a cabo un pequeno recoñecemento á figura de Xela Arias e divulgación da súa obra.

Mais por outra banda non queremos deixar pasar por alto esta data para lembrar que os galegos e as galegas temos unha lingua propia, que vive unha situación moi complicada coa continua perda de falantes, consecuencia da política lingüística do PP, que por activa e por pasiva ben amosando unha absoluta falta de sensibilidade cara a nosa lingua, cando non aberta hostilidade.

Se a política lingüística do goberno do PP na Xunta vai exactamente na dirección contraria do que precisa a nosa lingua para reverter a tendencia tan negativa das últimas décadas no noso país, a política lingüística do PP en Marín non é mellor. En Marín carecemos dun Servizo de Normalización Lingüística e o que é peor, o goberno do PP de María Ramallo non leva a cabo nin a máis mínima actuación en materia lingüísitica, carecendo dun proxecto de actuación que permita mellorar a saúde do galego no noso concello. E así, con esta absoluta falta de medidas, o galego vai desaparecendo.

O galego precisa actuacións decididas, campañas e propostas para fomentar o seu uso nos diferentes ámbitos sociais, non palabras baleiras desprovistas de contido real. Se queremos que o galego viva "mil primaveras máis" precisamos un cambio de rumbo total na política lingüística, e o PP ven amosando que é un atranco para o futuro da nosa lingua, ou un acelerador para a súa desaparición.

(*) Portavoz de Almuinha

 

roslev