Carriola.BNG (R).21.09.25
O Bloque Nacionalista Galega (BNG) reclamou no pleno municipal do pasado 11 de setembro a instalación de redutores de velocidade na estrada provincial EP-1202, ao seu paso polo Igrexario de Santomé.
A proposta, defendida polo concelleiro nacionalista

Tino Iglesias, responde á demanda veciñal ante o perigo que supón o tránsito constante de vehículos a gran velocidade nunha vía estreita, sen senda peonil e que atravesa un núcleo de vivendas.
O edil nacionalista lembrou que a Deputación de Pontevedra acaba de aprobar a adxudicación dun contrato para executar melloras de seguridade viaria na EP-1202, entre a rotonda da Brea e o cruce coa Rúa Nova. Nese contexto, instou ao goberno municipal a solicitar á Deputación que amplíe estas actuacións ao núcleo de Santomé, incluíndo cruces como os accesos ao cemiterio parroquial e ao campo de fútbol.
“Falamos dunha estrada moi transitada e que supón un risco evidente para as persoas. É imprescindible aproveitar as obras previstas para introducir medidas de calmado do tráfico que garantan a seguridade da veciñanza”, subliñou o concelleiro do BNG.
O BNG insiste en que Santomé non pode quedar á marxe das actuacións na rede provincial e reitera o seu compromiso coa mellora da seguridade viaria en todo o municipio.