Carriola.A.S.C..21.09.25
Dentro do ciclo de obradoiros temáticos de manualidades dirixidos aos/ás máis peques, o Ateneo Santa Cecilia abre o prazo para inscribirse no primeiro deles, “Outono”, que terá lugar o sábado, 18 de outubro, de 11:00 a 12:30 horas, no local da entidade, situado na rúa do Forno, n°42.
A data límite para apuntarse é o 8 de outubro e, dado que a actividade se desenvolverá no mes de outubro, mes do outono por excelencia, as manualidades estarán relacionadas con esta estación. O obradoiro está dirixido a nenos e nenas a partir de 7 anos con prazas limitadas para as que terán preferencia os fillos e fillas de socios e socias, que poderán participar de forma gratuíta.
Os nenos e nenas que non cumpran este requisito, e sempre que haxa prazas dispoñibles, deberán aboar unha cota de 8 € por participante (5€ se se anotan dous ou máis irmáns/irmás).
Inscricións
A inscrición pode facerse de tres maneiras:
- Presencialmente: no local do Ateneo, de luns a venres, de 18:00 a 20:30 horas.
- Por teléfono: chamando ao 698171276 no mesmo horario.
- Por correo electrónico: ateneosantacecilia@gmail.com
A entidade ten a intención de darlle continuidade a esta iniciativa cun obradoiro cada mes ata final de ano. O de novembro estará centrado en instrumentos musicais e o de decembro en agasallos de Nadal. Ademais, en todos os talleres procurarase aproveitar, na medida do posible, materiais de refugallo.