Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O BNG reclamou no Pleno a actuación inmediata no camiño ao CEIP Sequelo

Carriola.Tino Iglesias(*).26.09.25

julio@carriola.es 

O Bloque Nacionalista Galego denunciou, no pleno municipal celebrado o pasado 11 de setembro, a situación de risco que presenta o camiño do Lameira e a súa contorna, que dan acceso ao CEIP Sequelo e ao pavillón de deportes. As obras de saneamento, que acumulan máis dun ano de atrasos, mantéñense con buratos e un panel publicitario en mal estado, supoñendo un perigo evidente para o alumnado e a veciñanza que utiliza esta vía diariamente. Ante esta situación, o concelleiro instamos ao goberno local do Partido Popular (PP) a adoptar medidas urxentes para garantir a seguridade e evitar posibles accidentes.

Quedou sinalada a existencia de dous buratos, presumiblemente destinados á construción de arquetas, situados fronte ás hortas urbanas e á zona de composteiros. Estes ocos representan un perigo evidente para as persoas que utilizan a vía tanto para acceder ás aulas de infantil do CEIP Sequelo como ao pavillón, polo que solicitamos ao grupo de goberno que inste á empresa construtora a realizar unha intervención inmediata para tapar e sinalizar os buratos.

Ademais, reclamamos o arranxo ou a retirada do panel publicitario das obras de saneamento, localizado na mesma zona, ao carón dos composteiros que se atopa en mal estado, con diversas lamas soltas e colgando, o que constitúe un potencial risco en caso de vento.

O BNG denunciou reiteradamente que as obras de saneamento do río Lameira, que acumulan máis dun ano de atrasos, provocan problemas de seguridade para a veciñanza. Por iso, o partido volvemos instar ao goberno municipal, liderado polo PP, a garantir a seguridade dos usuarios da vía e dos veciños, evitando así posibles incidentes.

(*) Tino Iglesias é Concelleiro do Grupo Municipal do BNG.

roslev