Carriola.Deportes.26.09.25
O concelleiro de Medio Rural achegouse ata o Lameira, onde se están executando os traballos, que en total supoñen unha inversión de cerca de 14.000 euros co que, o Concello de Marín, vén de poñer en marcha un plan integral de limpeza e conservación dos ríos do municipio
O obxectivo é o de garantir a protección dos ecosistemas fluviais e mellorar o seu estado ambiental, unha iniciativa que xa se leva a cabo desde hai varios anos e que é fundamental para evitar problemas nas crecidas e os traballos, segundo explicou onte l concelleiro de Rural, “Consisten no triturado da maleza presente nos laterais e fondos dos cauces, así como na retirada e traslado ao vertedoiro dos troncos de gran tamaño que non se poidan triturar, ademais de plásticos e outros obxectos que supoñan un risco para a saúde dos ríos”.
Localizacións dos traballos
Oa traballos de esta limpeza especial localízanse nos seguintes puntos:
- Río Lameira: dende a ponte Zapal ata a ponte de Coirados, incluído o regato que pasa por detrás do colexio Sequelo.
- Río da Grela: dende a ponte de Coirados ata o lavadoiro da Presa.
- Río da Laxe: dende a ponte do camiño do Peso ata a parcela situada detrás do supermercado Mercadona, incluíndo o corte e recollida das canas notalude do colexio A Laxe.
- Río Lapamán: dende a estrada xeral ata o camiño.
- Río Castiñeiras: dende o lavadoiro de Coirados ata o muíño antigo en A
Personal preparado
Pablo Novas que Pablo Novas, que visitou onte a zona do Lameira, onde a empresa adxudicataria xa está a acometer os primeiros traballos, destacou a importancia desta actuación “para preservar a saúde dos nosos ríos e evitar posibles riscos ambientais” e asegurou que “O persoal encargado destas tarefas conta con formación específica en xestión e aproveitamento de espazos fluviais e piscícolas, co fin de asegurar unha intervención respectuosa co medio".
Finalmente informou que a inversión nestes traballos aproxímase aos 14.000 euros