Alicia Rodríguez Massó recolleu o seu de máns da alcaldesa María Ramallo
Carriola.Redacción.17.05.21
O Salón de plenos do concello acolleu o acto da entrega dos premios dos certames de Relato Curto Concello de Marín. tanto de escolares como de adultos, acto que tivo un carácter reducido polos efectos da pandemia, coidándose en todo momento a distancia de seguridade entre os asistentes e a mascariña en todas as persoas presentes tanto nos bancos dos premiados como no limitado público presente de dúas persoas acompañando a cada participante premiado.

Alicia Rodríguez Massó recibió el premio
Tras a lectura das actas que recollían as decisión do xurado feita pola concelleira de cultura Beatriz Rodríguez, procedeuse á chamada de cada un dos premiados que optaron por ler parte dos seus traballos testimonialmente y recolleron o seu agasallo de mans da propia alcaldesa e da concelleira presente.
A derradeira na recollida do seu premio, foi Alicia Rodríguez Massó, gañadora do certamen de adultos que tiña un premio de 1.000 euros a cal tamén leu parte da súa obra gañadora.

A Alcaldesa María Ramallo prechou o acto cun breve discurso no que, ademáis de glosar a personalidade e a obra de Xela Arias, escritora á que se adica este ano o Día das Letras Galegas, agradeceu a participación dos escolares marinenses neste certamen ainda que tan só o fixeron so colexios Sequelo e San Narciso, e tamén dos máis de vinte traballos presentados ao concurso de adultos.

Rematou esta xornada que abre xa, tácitamente, a convocatoria do concurso de poesía que será no próximo Día das Letras Galegas.
