Únicamente “Sequelo” e “San Narciso” participaron no certáme
Carriola.Redacción.18.05.21
O certame de Narración Curta Concello de Marín tivo o seu momento culminante no acto que na mañán de onte tivo lugar no salón de plenos retransmitido por ese novo sistema audiovisual “streaming” que permite seguir incluso os Plenos do concello dende a casa de un. O momento pandémico que vivimos na actualidade restoulle certa intensidade a dito acto aínda que non a satisfacción dos nenos e nenas que foron distinguidos cos premios que recibiron de máns da propia Alcaldesa do Concello, María Ramallo Vázquez e da concelleira de cultura Beatriz Rodríguez.
Xa onte demos cumprida información do acto pero na Carriola de hoxe queremos destacar a negativa circunstancia da floxa participación de centros escolares de Marín e entorno xa que de todos os que hai, solamente participaron o CEIP Sequelo e o San Narciso, o que segurmente facilitou o traballo do xurado calificador, pero deixou claro que algo falla nesta convocatoria, sexa por desinterés dos Mestres ou dos centros ou polos atrancos que os concursos engaden ao desenrolo das programación educativas de cada centro, sexa pola incentivación da organización para acadar maior presencia de traballos no certame. Non estaría mal que se fixese un estudo desta realidade consultando aos responsables da Lingua nos colexios para que este premio no se veña abaixo e manteña a importancia que ten dende hai moitos anos.
Hoxe queremos engadir á nosa información anterior, as imáxes dos nenos e nenas gañadores ao lado da premiada na categoría de adultos, Alicia Rodríguez Massó, que xuntou o seu nome aos máis de trinta gañadores deste premio nas categorías de prosa ou verso que alternativamente se convocan co gallo das Letras Galegas cada ano.
Pois noraboa a todos e todos eles e, aos nenos, que estes premios lle sirvan de incentivo para seguir no camino das letras galegas no futuro.

Alicia Rodríguez Massó, ganadora en categoría de adultos, el premio principal

Abel Garrido Silva, del CEP Sequelo

Adriana Cambeiro, del CEP Sequelo

Zoe Martínez Ribó, del CEP Sequelo

Noa López Giménez, del SEI San Narciso

Alvaro Tomé Miguélez, del CEP Sequelo

Iván Pazos Blanco, del SEI San Narciso

Doel Nogueira Veiga, del SEI San Narciso