Tal como ayer adelantamos, hasta la celebración del Día de la Mujer, el 8M, reproduciremos e CARRIOLA algunas de los poemas que Josefa Area dedicó precisamente a las mujeres trabajadoras. Hoy dejamos dos poemas breves uno que recuerda a las “Lavandeiras” y el otro a las mujeres del campo.
LAVANDEIRAS
- Cómo lavaban no río
- maniñas de puro nácar
- paniños de puro liño
- manciñas tan axeitadas
- Un cantar levaba o vento
- burbuxas dunha balada
- sobre o cristaíño leito
- ían nas augas deitadas
- Era un doce rechouchío
- dos merlos entre a enramada,
- era unha doce cantiga
- dunha mociña encantada
- Cómo lavaban no río
- manciñas de puro nácar
- paniños de puro liño
- unha mañá de xiada
- TRABALLADORAS DO CAMPO
- Cando chegamos a idade
- que o noso vivir formamos
- as rapaciñas labregas
- esas que nacen e medran
- onde nace o traballo
- que despois de vir da escola
- xogan a sachar co sacho.
- Porque xa o levan nos xenes
- senten esa vocación
- como se fosen latexos
- das alas do corazón.
- Como indiscutida herdade
- seguen nesa tradición
- que da a tarefa ben feita
- cando se fai con amor.
- Esas rústicas faenas
- son o alicente do corpo
- que se fai necesidade
- onde a cobiza e o afán
- atopan a liberdade.
- Os homes nos seus oficios
- a gañar a pesetiña
- as que máis curran no agro
- sempre foron as Marías.
- Ou ben eran costureiras
- anque moitas non lle ía
- iso de estar tantas horas
- co cú cravado na silla
- mellor querían estar
- na labranza de porvida
- coa mesma natureza
- en cotacto e harmonía
- e chegaron a adaptarse
- no arrombamento das viñas,
- nese traballo de homes
- soubéronse exercitar
- ese mañoso labor
- ninguen llo saca das mans.
- As que apenas tiñan leiras
- para o seu tempo ocupar
- van traballar nas alleas
- para gañar o xornal.
- Cal paxariños voando
- amosan o seu contento
- cal rumor dunha cantiga
- nas ás de todos os ventos,
- hoxe acá, mañan alá
- calquera día ou momento.
- Nas campesiñas tarefas
- hai nobreza e fidalguía
- se hai algún que outro perder
- cando hai boa colleita
- máis grande faise a ledicia.
- Así vai pasando o tempo
- así vai pasando a vida
- a amante nai Natureza
- sempre logra revivila
- cal mítica ave Fenix
- que rexurde das súas cinzas.
- Días curtos do inverno
- a noite preto a chegar
- xa sae a sorrinte lúa
- por riba do piñeiral
- mirando as terras cravadas
- con debuxos de regueiros
- xa axiña quere contar
- a todos ventos sureños
- que no rústico Marín
- deste lado morraceiro
- antes de marchar á festa
- deixan os labores feitos.
- E non me esquezo do can
- que fai de garda da aldea
- por ser can moi ladradeiro,
- canso de berrarlle as nubes
- que lle agochan os luceiros,
- baixa o rabo polas pernas
- e vai durmir ao palleiro.
- 8 de marzo de 2014, día da muller traballadora